miércoles, 10 de noviembre de 2010

XOGOS CON MAPAS III

Hoxe existen numerosas posibilidades de aprender sen saber que estamos aprendendo. A xeografía física e política pódese reforzar con xogos que distintas páxinas nos ofrecen. Para comezar, en xtec.cat, Enrique Alonso fixo un traballo excelente do que podemos sacar partido. Recoméndovola como primeira experiencia para despois continuar con outras similares en diferentes formatos e linguas.

En entradas anteriores tiñamos algunhas propostas. Existen moitas máis que complementan ás anteriores. Pincha sobre a imaxe. Neste enlace, en inglés, poderás repasar e ampliar os teus coñecementos dunha forma máis lúdica.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER