miércoles, 26 de enero de 2011

TRABALLOS DOS MEUS ALUMNOS

David e Belén fixeron onte unha exposición, cada un a súa, sobre os os principais conflictos que se desataron nas colonias contra o Imperialismo. Non houbo moito máis que dicir. O rigor e a calidade da exposición feita na aula subsitituíu a parte que me correspondía.

Aprender a aprender. Manexar información. Seleccionar, entender e consegir que nos entendan, son principios metodolóxicos que estamos a empregar e que os nosos alumnos están a acadar con éxito. Noraboa.

BELÉN





DAVID


4 COMENTARIOS:

Anónimo dijo...

PROFESOR:
Agradézolle que considerara que a miña presentación se merecese estar no seu blog, mais gustaríame que cambiase o nome que puxo ao principio polo meu.
Sen ningún motivo mais, doulle as grazas
Belén G. Martínez

Jose Luis Guede Losada dijo...

Disculpa o cruce de cables coa túa irmá. Arriba errado, abaixo sobre a presentación correcto, e agora en ámbolos dous. Rectificado o erro e desculpas pedidas.

Nada que agradecer, en todo caso tería que facelo eu polo teu traballo. O blog tamén é voso.

Andrea. B dijo...

Hola profe, so queria facerche unha pregunta:
Investigando atopei que a Entente dos tres emperadores pode ser tamen chamada a Triple entente. So queria que me confirmaras se esta informacion e' correcta.
Gracias de anteman.

Jose Luis Guede Losada dijo...

Respondo nunha nova entrada do blog.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER