miércoles, 9 de febrero de 2011

URBANISMO NO XIX


A finais do XVIII e durante o XIX sentáronse as bases da sociedade contemporánea. No eido político, as revolucións liberais burguesas e os nacionalismos (centrípeto -Italia e Alemaña- ou centrífugo -Grecia ou o Imperio Austrohúngaro-), xunto ás ondas revolucionarias do 1820, 1830 e 1848 marcaron unhas décadas que puxeron o fin definitivo ao Antigo Réxime e consolidou os estados liberais burgueses. Foi tamén o século XIX o da carreira imperialista e o cénit dos grandes imperios coloniais.

A  Revolución Industrial e a nova clase social xurdida neste contexto, o proletariado, contribuirá a cambiar a fisionomía das cidades. O urbanismo é unha disciplina que ten como obxectivo o estudo das cidades de forma global que terá no s. XIX un momento de esplendor ao adaptar as vellas cidades ás novas necesidades, aparición de novos barrios e novas vías de comunicación que deran resposta aos medios nacentes da segunda revolución industrial. Os primeiros barrios obreiros asentáronse preto das industrias sen orde e con escasas medidas hixiénicas, sen alcantarillado, iluminación, etc., os chamados barrios feos.

A mediados do s.XIX, Napoleón III ordea ao barón Haussmann a desenvolver profunda reforma da cidade de París.

Barón Haussmann
Iniciada no 1853, contou cunha dobre finalidade: resolver problemas de suministro de augas e a evacuación das augas fecais e por outra parte dar resposta ás manifestacións que aproveitaban o entramado urbán antigo da cidade para fuxir da policía. Para acadar estos obxectivos tivo que demoler barrios completos do París medieval para substituílos por amplos bulevares, prazas circulares, espazos verdes e estacións de ferrocarril afastadas do núcleo urbán.

O resultado foron amplas avenidas rectas, unha rede de alcantarillado e conexións para os medios de transporte. Esto foi un incentivo para os propios parisinos que se converteron en visitantes da súa propia cidade. Haussmann exerceu gran influencia no urbanismo europeo, latinoamericano e nas colonias de ultramar.

París

En España a aportación máis significativa foi a realizada por Ildefonso Cerdá en Barcelona, o Ensanche, e o deseño da Cidade Liñal de Arturo Soria en Madrid.

Cidade Liñal de Arturo Soria

Ensanche de Barcelona, Ildefonso Cerdá


  • Achegade información sobre estas dúas propostas urbanísticas.



0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER