domingo, 6 de marzo de 2011

ANAMORFOSIS

Con este título comezo a entrada de hoxe. O motivo foi unha obra de Hans Holbein titulada "Os embaixadores" que analizamos na clase antes de iniciar o Entroido e sobre a cal lancei algúns interrogantes para espertar a curiosidade e a achega de información. Seguro que o xoves moitos traerán as respostas ben aprendidas. Sobre a obra e o seu significado podedes achegar a información neste enlace. Este óleo ten numerosas referencias co tema do humanismo e reforma que estamos a tratar  e das que faremos referencia noutra sesión.
Os embaixadores de H. Holbein. National Gallery. Imaxe: Google Art

No primeiro plano aparece unha estrana figura que observada fronte ao cadro non ten ningún sentido, pero se tendes a oportunidade de observalo "en directo" na súa unicación na galería 4 do National Gallery de Londres colocándonos a uns 2 metros dende o lateral dereito, poderedes descubrir o que agocha esa misteriosa imaxe, unha calaveira.

Calaveira nos embaixadores de Holbein. Fonte: Wikipedia

A técnica que se emprega é a da anamorfosis, unha deformación dunha imaxe a través dun procedemento óptico (empregando un espello cóncavo ou un culler), ou ben matemático.
A calaveira vista cun culler. Fonte: Wikipedia
Esta técnica que xa empregaba Leonardo hai máis de 500 anos a dominan algúns artistas contemporáneos de street painting como Julien Beever, un británico que é famoso polos seus debuxos nas rúas en numerosas cidades europeas. Na seguinte imaxe, aproveitando unha escaleira, o muro e o chán, obtén unha imaxe moi curiosa. Esta técnica consigue crear ilusión ópticas realmente increíbles, dando a sensación de realidades tridimensionais que non deixan de sorprenderme.

Waterfall. Julian Beever

Dependendo do punto de vista dende o que se observe o debuxo, a imaxe que obtemos varía sensiblemente, como podedes observar neste exemplo.



Outros artistas de streetpainting 3D son Kurt Wenner, o italiano Sergio Tringali  ou o español Eduardo Relero.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER