martes, 17 de mayo de 2011

A´PUNTO: UN BLOG DE COCIÑA DUNHA ANTIGA ALUMNA

É de ben nacidos ser agradecidos ¿non si? CvA quere agradecer a A´Punto, un blog dunha antiga alumna do Colexio unha entrada no seu blog: un postre rico, rico.

Tarta de crema de mascarpone con prebe de froita da paixón. Foto: A´Punto

Unha das maneiras que se me ocurren é tentar levar o mundo da cociña ao campo da historia e xuntar neste post a orixe dos postres, das galletas, a mantequilla, o queixo mascarpone e a foita da paixón, encuadralo no currículo das Ciencias Sociais e que vos sirva para aprender a relacioar. Comezamos a operación.

Os postres:

Non sabemos con exactitude, nen eu son nin moito menos un especialista, as orixes dos postres. O que sí vos podo contar é que xa temos documentadas esceas de recolección de mel no epipaleolítico, como a escea dun home (¿ou muller?) recolectando mel dun panal como o da Cova da Araña en Bicorp - Comunidade Valenciana - que tendes na imaxe inferior.

Covas da Araña, Valencia (uns 10.000 anos). 

Na viaxe que fixen a Exipto o pasado mes de agosto, atopamos preto de Deir el Bahari unha tumba que se coñece como a Tumba de Pabasa, do período intermedio. Chamounos a atención a representación de diferentes insectos nos relevos e pinturas exipcias en numerosos templos e tumbas. 

Tumba de Pabasa Fonte da imaxe: ver enlace
Tamén existen referencias bíblicas ao mel, xa que o azúcre non se coñecía por estas lonxitudes, pero sí probablemente na zoa do Golfo de Guinea dende onde se expandíu ao Pacífico, chegando á India. Foi na India precisamente onde un preparado da caña de azucre substituíu ao mel e posiblemente elaboraríanse doces.

Os gregos elaboraban pasteis que comían habitualmente e tamén nas festas sinaladas coma o teatro ou as festas relixiosas. No mundo romano os Secundae Mensae ou postre, consistían en leite e mel, dátiles recheos de noces e piñóns, natillas e o encytum, unhas espirais doces con queixo. Poderíamos seguir no mundo islámico, medieval, moderno e contemporáneo pero non se trata de facer un monográfico. Só uns breves apuntes e fixarnos que o doce xa gustaba nos paladares dos homes de Cro Magnon ata hoxe en día.

Galletas:


Non sei moito sobre as galletas, salvo que están ricas e os recordos que teño delas na miña infancia e por sorte sigo a ter.

Non sei como e cando aparecen por vez primeira, pero nas lungas viaxes dos mariñeiros que se lanzaron á procura de novas rutas marítimas a finais da Idade Media en na Idade Moderna, como as que acabamos de ver en clase, levaban unha especie de pan que se conservaba durante moito tempo e que xa aparecen documentadas no s.XIII como "galette". Para os curiosos, neste enlace hai unha interesante información sobre a historia das galletas.






Mantequilla:


Neste producto sí que me pilla en branco.

Posiblemente a mantequilla xorde por casualidade, como tantos outros alimentos na historia, e da tona da leite formouse unha especie de mantequilla xa en época prehistórica. En Wikipedia podemos atopar un apartado referente á historia da mantequilla que vos animo a ler.

Tentade dar resposta a estas cuestións:

  • A quen lle chama Anaxandrides, un poeta cómico grego, "boutyrophagoi" ou "comedores de mantequilla"?
  • Na India chámanlle a unha mantequilla clarificada de nome "ghee", ouro líquido. ¿Por qué?
  • ¿Cándo aparece a margarina? ¿É o mesmo que a mantequilla?
  • ¿Cal é o país do mundo que produce máis cantidade de mantequilla?


Queixo Mascarpone:

Son un amante dos queixos e algunha pequena historia vos podo achegar.
Foi un dos primeiros productos manufacturados da humanidade e temos referencias de época mesopotámica sobre a súa presencia. Tamén na Biblia hai referencias ao queixo.

Atopei unha páxina interesante onde nos conta a historia do queixo e que vos deixo o enlace para curiosear.

Sobre o queixo mascarpone paréceme que non conta nada, pero eu coñecín este producto cando me aficionei ao tiramisú e comecei a experimentar distintas variantes con este postre e que curiosamente non levaba marcarpone na receita orixinal senon que se lle engadíu posteriormente. Se premedes neste enlace atoparedes a "ricetta legittima", esta sí con mascarpone.

Orixinariamente o mascarpone é un quexio fresco da rexión de Lombardía en Italia e que pouco ten que ver o queixo "mascherpa" que teñen alí, unha ricotta ou crema, co producto que venden nos supermercados. Este é un queixo moi cremoso e que se presta para os doces e que orixinariamente era estacional, só se elaboraba no inverno e era un producto perecedeiro. Algunhas recetas similares ás que propón A´Punto substitúe este delicioso queixo por outros tipo Philadelfia ou Quark, pero no né o mesmo.


Froita da paixón ou maracuyá.

Do derradeiro ingrediente tamén algo vos podo dicir, e todo llo debo a miña muller. Ela instruíume en numerosas froitas tropicais, descoñecidas para mín hai uns anos. Unha das que teño que dicir que me chamou poderosamente a atención na miña primeira viaxe a Venezuela, foi precisamente a froita da paixón (coñecida neste pais como "parchita") e que alí toman con xeo triturado, azúcar (xa que é lixeiramente ácida) e auga. Delicioso e refrescante.

Por Latinoamérica hai diferentes variedades desta pranta trepadora. Unha é a froita da paixón morada, máis pequena que a outra variedade que é a amarela e un pouco máis doce. Eu vía que a xente nos mercados collía a froita que "peor pinta" tiña, coa pel arrugada e daba a sensación de que estaba pasada e incluso estropeada. Pois esa era a froita madura e lista para comer, as outras que aparentemente entraban polos ollos, estaba verde. Tamén é unha froita que se conserva durante moito tempo, salvo as arrugadas, que son as listas para consumir.


Pregunta final: non incluín no post algúns ingredientes da receta coma o leite, nata, xelatina e dúas especias ¿cal son?


Para ampliar como traballo voluntario e relacioado coa época dos grandes descubrimentos en 2º, propóñovos afondar sobre as especias, a súa chegada ao vello continente e a famosa ruta das especias. Algúns enlaces que poden ser de interés.





2 COMENTARIOS:

Vero dijo...

Ohhhhhhhhhhhh anonadada acabo de quedarme, moitisimas moitisimas gracias e moito animos a todos para este comenzo no mundo culinario, é apaixoante¡
PD: Coidado que engancha... :)

Jose Luis Guede Losada dijo...

Gracias a tí. Cierto, el mundo de la cocina engancha, y a mí me encanta cocinar y menos hacer la comida) ;)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER