sábado, 14 de mayo de 2011

A CRISE DOS MÍSILES

Un dos episodios máis salientables e especialmente tensos no período coñecido como a distensión internacional foi a crise dos mísiles. Un dos moitos pulsos que EUA e a URSS botaron ao longo destes anos. O segundo gran conflicto deste período foi o bloqueo de Berlín que deixaremos para outra entrada.



Khruschev e Kennedy medindo as súas forzas


O período de coexistencia pacífica fora anunciado por Nikita Khruschev a mediados dos anos 50 do século pasado. Esta idea baseábase no respecto  á soberanía dos estados e á non inxerencia nos asuntos internos xunto á axuda mútua e futura cooperación. Todo un reto na época da Guerra Fría e como veremos esta etapa non foi tan pacífica como indica o seu nome.

Comentamos a caricatura:

  1. Quen son as dúas persoaxes?
  2. Que están a facer? Cal é o seu simbolismo?
  3. Por que ambos están sentados sobre mísiles? En que lugares estratéxicos estaban situados?
  4. Que significado teñen os dedos sobre os botóns?




Foto: UNAV - Manuel Castells

Iste conflicto a piques estivo de desencadear un enfrontamento entre as dúas superpotencias de dimensiñons inimaxinables, tal e como predixo Khruschev no seguinte discurso:


"Entramos nunha época na que é difícil inventar un arma máis poderosa que a bomba de hidróxeno que posúe unha forza prácticamente ilimitada... ¿Acaso non temos en conta o feito de que a forza destrutiva dos inxenios militares teñen un poder formidable? ¿É posible que se esqueza que sobre o noso planeta non hai ninguén inaccesible ás armas nucleares e aos mísiles? É difícil facerse unha idea das consecuencias que tería para a Humanidade unha guerra na que foran empregados estos medios de destrucción e de exterminio terribles. Se consentimos que esta guerra estale, contaranse as víctimas non por millóns nen por deceas de millóns senon por centeares de millóns de seres humáns. Ésta sería unha guerra que non distinguiría entre fronte e retagarda, entre soldados y nenos."

Nikita Khruschev, Declaración aos partidos comunistas obreiros


"Russians" do cantante Sting é un tema pertencente ao album The dream os the Blue Turtles publicado no 1985 e no que advirte sobre as repercusións dunha guerra, a Terceira Guerra Mundial, que traería como consecuencia a destrucción mútua. Propóñovos, antes de realizar as tarefas, escoitar o tema (máis abaixo tedes a letra e a traducción, que aínda sinxela, vos pode axudar).




Russians, Sting (1985)




Actividades sobre a o tema "Russians" de Sting:
  1. Tenta resumir a intención de Sting cando escribíu esta canción. Que nos quere transmitir?
  2. Quen son os "fillos" que deben amar os rusos?
  3. Achega unha breve información sobre Oppenheimer?
  4. Que foi o Proxecto Mahattan?
  5. "In Europe and America, there´s a growing feeling of hysteria". Tendo en conta o ano do lanzamento desta canción ¿a qué momento de histeria se fai referencia? (unha posible axuda)

Outro momento de histeria colectiva seguramente foi a achádego por parte de avións espía norteamericanos das bases de mísiles soviéticas en Cuba. A famosa crise dos mísiles en Cuba que da título a entrada deste post, e da que realizaremos unha serie de actividades na aula relacionadas con ela.

Dividiremos a clase en grupos de catro ou cinco persoas. Explicaremos brevemente a actividade e repartiremos os roles de cada membro. Unha vez colocados os grupos recibiredes a seguinte mensaxe.


Elaboración propia adaptada de http://avalon.law.yale.edu 

Poñédevos nesa situación e dade os pasos necesarios para acadar a mellor saída posible ao conflicto. Unha das primeiras medidas, na realidade, foi a creación dun Comité Executivo de funcionarios para que asesoraren ao presidente. Este comité coñecido como EXCOMM estaba formado por membros do Consello de Seguridade dos EUA e outras persoas de confianza do propio presidente. Os membros deste comité.

Elaboración propia. Fonte da imaxe Wikipedia.

Entregarásevos unhos documentos "clasificados" que vos axudarán a tomar a decisión correcta, segundo as vosas conclusións xustificadas que posteriormente poremos en común nun debate.

Outra actividade que vos propoño de xeito voluntario é sobre o teléfono vermello. Moitos teredes escoitado algunha historia sobre o famoso teléfono. ¿Realidade ou ficción? Redacta unhas liñas explicando brevemente a historia desta lenda ou realidade a partir deste enlace.



Finalmente algúns enlaces de interés para o tema da crise dos mísiles:
Vídeo de practicopedia que dun xeito nos resume a crise dos mísiles.


Para rematar, documental de Documanía sobre a Guerra Fría en Cuba.

Videos tu.tv

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER