miércoles, 4 de mayo de 2011

GOOGLE STREET VIEW EN OURENSE

Chegaron os americanos. Benvido Mr. Google entoado ao estilo Americanos de Benvidos Mr. Marshall. Esto ven que nin pintado e tentarei enlazar historias.

Hoxe conseguín capturar unha imaxe para a historia. Ao longo destos últimos días, igual algúns teredes atopado un vehículo un tanto peculiar percorrendo as rúas de Ourense. Esta historia, asociada ao título da entrada de hoxe, comezou alá polo ano 1995 cando a empresa CycloMedia percorrera as rúas da cidade holandesa de Rotterdam tomando fotografías en branco e negro. Durante algún tempo mantivo o monopolio desta tecnoloxía ata que o xigante Google chegase no 2005 co ben coñecido Google Street View (Google a vista de rúa) que xa temos probado en Google Maps e Google Earth e acaparase o mercado, aínda que non camiña en solitario como veremos.

Foto: Jose luis Guede

Como podedes observar o vehículo conta cunha cámara un tanto especial e moi lonxe das nosas microcámaras dixitais que nos caben na palma da man. Son 9 cámaras que toman instantáneas a 360º en horizontal e 290º en vertical. Posteriormente se retocan para difuminar matrículas e as caras das persoas por motivos de política de privacidade. Esta é unhas das cámaras das chamadas de cuarta xeración, a pesar de que xa están a traballar as da quinta xeración. Xa sabedes que  a tecnoloxía vai así, o que hoxe é última xeración mañá formará parte do pasado.

Fonte: Wikipedia

Falando en clase da Guerra Fría e concretamente do Plan Marshal apuntamos algunhas películas relacionadas co tema. Entre elas "Benvido mister Marshall", unha das obras mestras de Luis García Berlanga. O film narra de forma satírica a historia dun pequeno pobo soriano, Villar del Río, que agardaba recibir a axuda económica e se prepara para recibir aos estadounidenses. Inicalmente España fora un dos grandes estados que quedou á marxe das axudas iniciais debido á súa afinidade cos rexímenes fascistas, pero nos anos 50 os estadounidenses concédennos unhas axudas que serían de vital importancia para a recuperación tras unha década de posguerra chea de penurias. Hai que ter en conta que a película foi rodada no 1953. O motivo deste cambio de estratexia norteamericana foi posiblemente a posición estratéxica da península e as poucas probabilidades de que o réxime franquista se aliase cos soviéticos ou entrase na súa órbita de influencia. O final da película é coñecido por todos e o tema central moi 

Eu tamén agardaba a chegada de street view pero con menos parafernalia, evidentemente, da que o alcalde e o seu pobo organizaron na ficción e seguro que tamén na realidade. O seu paso foi igual de rápido que o dos americanos por Villar del Río, pero en breve estaremos nas mesmas condicións que outras grandes cidades e esto nos permitirá a realización de actividades de ámbito local que espero sexan do voso interés.

No seguinte video podedes ver como funciona. Se pulsas no play non pasa nada ¿verdade? Pon o rato sobre o video e móveo, notarás a diferencia.

Video de inmersivemedia.com




Se vos interesa profundar no tema, podedes ampliar sobre street view, e outros sistemas como NORC, Seety, ou a chinesa city8.com.


0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER