jueves, 19 de mayo de 2011

UNHA PIRÁMIDE SOBRE AS BURGAS

Nunha entrada anterior falábamos das mastabas. Hoxe tivemos o visionado dun documental sobre a construcción da gran pirámide. A entrada de hoxe pretende que visualicedes esto que a priori semella unha curiosidade, pero que nos da unha idea das colosais dimensións desta xigantesca obra de hai máis de 4.600 anos de antigüidade.

Algún murmullo xurdíu na clase cando se fixo referencia a que a pirámide de Keops ten unha superficie equivalente a 10 campos de fútbol, estos son datos que moitos asociades rápidamente. Imaxinades esa superficie sobre o espacio que ocupa o Colexio? As seguintes imaxes vos poden aproximar a esa idea:
Imaxe: elaboración propia a partir de Google Eartht
Imaxe: elaboración propia a partir de Google Earth

As pirámides formaban parte de un conxunto que incluía outros edificios como rampas e murallas. Inicialmente a función principal foi a funeraria. Empregaba para a súa construcción numerosa man de  obra, que a pesar do que o cine de Hollywood sobre todo nos ten amosado, non se podería considerar como escrava. Moitos destes traballadores eran empregados temporalmente nos meses nos que non había traballo no campo, a cambio dun salario (cereais, cebolas, sal e cervexa) e que axudarían aos traballadores especializados, que poderíamos considerar como "fixos".

A pirámide de Jufu, ou Keops, construiuse baixo a responsabilidade do seu "chatyHemiunu. Empregou máis de 2.300.000 bloques de pedra de 2,5 Tn cada un. ¿De cántos kilos estamos a falar? É a única das Sete Maravillas do Mundo que todavía segue en pé. ¿Sabes cal son as outras seis? Preme neste enlace para saciar a curiosidade.

Chaty Hemiunu. Fonte: Wikipedia

Existen múltiples teorías sobre como se construiron as pirámides no val de Gizeh. Unha delas é moi interesante. Foi formulada polo arquitecto francés Jean-Pierre Houdin. Aporta evidencias recollidas a través de un sofisticado programa en 3D que afirma que a pirámide de Keops se construíu de dentro cara afora. Esta teoría baséase na suposta construcción dunhas rampas internas en forma de espiral.


 Outra teoría é a que dí que posiblemente existise unha rampa externa. Segundo os cálculos realizados, esta rampa exterior podería ter unha lonxitude total de 1.600 m., e os bloques de pedra eran subidos por equipos de 8 a 10 homes.

Fonte da imaxe

¿Alguen se atreve a facer unha simulación entre a altura da Gran Pirámide e o edificio máis alto da nosa (ou vosa) cidade? Enviade as propostas ao correo do blog.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER