lunes, 6 de junio de 2011

A DEMOCRACIA ATENIENSE


Os antigos gregos "inventaron" a democracia, pero cómo era en realidade a democracia ateniense?


A orixe da propia palabra non está moi clara. Os mestres adoitamos traducir democracia (δημοκρατία) como o goberno do pobo. Demos (δῆμος) significa "pobo" e kratos (κράτος) "poder" ou "goberno". Ata ahí todo claro. Segundo o historiador Plutarco, a etimoloxía da palabra é máis complexa e, polo tanto, o seu significado real ten un matiz diferente ao que coñecemos.
  • Vai ao seguinte enlace e busca no apartado orixe e etimoloxía o verdadeiro significado de "democracia"
  • Como se dividía a poboación libre da Ática, segundo Teseo?
Tende en conta que dos 400.000 habitantes atenienses tan só uns 20.000 eran considerados "cidadáns", é dicir con dereitos xurídicos e políticos. Despois estaban todos os demáis que eran "non cidadáns", libres ou non libres. Quen eran esos "todos os demáis"?
  • Os metecos ou estranxeiros que a pesar de ser libres, non se consideraban cidadáns xa que proviñan de polis veciñas. Adicábanse á artesanía, o comercio ou integrábanse no exército. Tiñan que pagar impostos, pero non participaban da democracia.
  • As mulleres e os nenos. Aristóteles definíu na súa obra "Política" que a cidadanía era a posibilidade de participar do poder político. As mulleres nunha sociedade patriarcal como a grega non podían convertirse nunca en cidadáns.
  • O grupo máis numeroso eran os escravos. Segundo Aristóteles eran "máquinas parlantes", non tiñan por tanto nin consideración de persoas. Moitos adoitan asociar aos exipcios a un modelo escravista, pero foi a grega a sociedade máis escravista incluso por diante dos romanos. Os escravos, tanto públicos como privados, realizaban todo tipo de tarefas e non gozaban de ningún dereito. Era con moito o grupo máis numeroso un 70% da poboación.
Vexamos un esquema simple da sociedade ateniense.


Unha vez entendida esta teoría, faremos na clase unha breve representación. Todos nos acordamos do sistema que empregamos para a elección do delegado ou delegada de clase nas primeiras xornadas de titoría ¿verdade?. Imaxinade que remata a súa "lexislatura" e hoxe tocan novas eleccións, pero desta volta farémola ao "estilo grego"...



Tomamos a aula como se fose a pole de Atenas. Poñémonos en pé e dividimos proporcionalmente a aula segundo os diferentes grupos sociais.

Faremos o reparto aleatoriamente da seguinte maneira: sentaranse a metade da clase que farán o papel de escravos/as. Tamén se senta a metade dos que seguen en pé correspondente aos metecos. Permanece levantada a cuarta parte correspondente aos cidadáns. Coidamos que entre o grupo de cidadáns non se atopen mulleres, se fose así deberían sentarse, e podemos quitar a un alumno máis en representación dos nenos que tamén se senta.

¿Cántos quedan en pé? Estos son os que teñen a representación política e os que decidirán sobre o novo delegado que evidentemente será elexido entre eles mesmos.



Para rematar, un video sobre a democracia ateniense e as súas principais institucións tomado de practicopedia.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER