miércoles, 15 de junio de 2011

PREMIO DE FOTOGRAFÍA DEPORTIVA

Moitos dos nosos alumnos destacan en certas actividades que por desgracia pasan inadvertidas para algúns de nós. Desta volta non foi así, e como quen non quere a cousa (é o que fai ter alumnado motivado e participativo) dun concurso proposto "in-extremis" que podería ter pasado como tantos outros obtívose premio.


A alumna de 4º de ESO Aldara Méndez Vila resultou gañadora do 2º premio nacional no I Concurso de Fotografía Deportiva. Premede na imaxe para acceder á páxina oficial do concurso e un pouco máis abaixo veredes a foto orixinal.



Foto: Aldara Méndez Vila

Noraboa!!




8 COMENTARIOS:

Aldara dijo...

Jo! muchas muchas gracias!
Sí! la gente debería animarse más, aumque crean que no llegarán a ningún sitio , es satisfactorio cuando lo consigues y no se pierde absolutamente nada ^^
Y por internet se puede enterar uno de concursos, actividades,etc.

Gracias por la entrada C=

Vero dijo...

Unha foto estupenda, parabéns á gañadora¡

Jose Luis Guede Losada dijo...

Gracias a tí por el interés que has demostrado y la ilusión. Ha sido un placer tenerte como alumna en la tutoría. Tienes un gran futuro por delante. Mucha suerte!!

Jose Luis Guede Losada dijo...

Grazas Vero por comentar. Unha ex-alumna coma tí é un dos mellores exemplos para estas novas xeracións.Espero que máis ben pronto que tarde poidas facer unha visita ao Colexio e participar nunha das miñas clases.... A invitación está feita.

Vero dijo...

Bueno, xa sabes que para mín é toda unha verdadeira honra poder participar nunha clase ( nunha saída ao campo, nunha visita guiada e en calquera actividade que me propoñades, sempre estarei encantada de participar e axudar ), ademáis sendo a miña antiga escola, emocionalmente é moi moi gratificante. Supoño que a estas alturas de curso xa é algo tarde ( ademais tamén preciso de tempo para organizar un dia libre no traballo ) pero podemos preparar algo para setembro-outubro por exemplo, cando comencedes a andadura do novo curso...
Falamos cando queiras para perfilalo vale? :)

Bicos e moitas gracias

Jose Luis Guede Losada dijo...

Pois non hai máis que falar. Quedamos para o curso 11-12, porque este está a piques de rematar. O que sí temos que acordar a temática, a que tí nos suxiras e despois a inserimos na temporalización e a planificamos segundo as túas posibilidades. Xa me contarás. Tes os meus correos, senon ao pé do blog atoparás un que tamén vale. Unha forte aperta.

Vero dijo...

Perfecto¡ Pois mira, eu estou de vacacións a primeira quincena de Setembro ( ata o día 20 ) así que xa te aviso e baixo un día a Ourense e falámolo ( así tamén paso un día coa familia ). Ou se che da igual no fin de semana imos Dominic máis eu, tomamos un café, e así tamén coñeces ao meu marido :)
Non te preocupes eu xa te aviso.
Moitos bicos e feliz verán¡

Jose Luis Guede Losada dijo...

Perfecto, espero a chamada. ;)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER