jueves, 1 de septiembre de 2011

LA IBENSE

Alá polo ano 1946 abría un dos establecementos populares ourensáns na rúa José Antonio, hoxe rúa do Paseo (tamén foi de Paz Nóvoa e de Calvo Sotelo ao longo do s.XX). Era "Helados La Ibense".

Foto Pacheco en www.ourensenotempo.blogspot.com

Hoxe, trala volta das vacacións, non puiden atopar mellor asunto para a entrada que esta referida a un dos meus lugares frecuentados na infancia, na mocidade e na madurez. Xeados de mantecado, de fresa ou chocolate que a miña avoa ou os meus pais me mercaban cando era neno a principios dos 70. A nata montada dos domingos ou o chocolate con churros, que delicia!!. Así ata os meus fillos, todo transcurría con normalidade. Despois de moitos rumores e secretos a voces certo día  o establecemento, despois de 64 anos de servicio, pecha por xubilación. Era un 1 de febreiro do 2010. Outro dos locais históricos desaparece sen que ninguén lle bote man. Un batacazo!!

Foto: esquerda e centro flickr_rodcasro. Foto dereita: José L. Guede

Ourense is different. Ninguén se imaxina Santiago sen o seu famoso Derby. Madrid sen o Gran Café Gijón no paseo de Recoletos. Oporto sen o Majestic. Lisboa sen A Brasileira. Venecia sen o Café Florian da Piazza de San Marcos. Roma sen o Café Greco da vía Condotti. París sen o Café Procope na rúa da Antiga Comedia, o Café de la Paix no boulevard des Capucines ou o Café de Flore no boulevard de Saint Germain. Viena sen o Café Central. Budapest sen o Café Gerbeaud. Todos eles lugares emblemáticos. Cecáis La Ibense non chegase por historia, decoración ou ubicación a xogar na mesma "división" que estos outros establecementos, pero desaparecido o Volter, o Auria, Hotel Roma, La Bilbaína, El Miño, Iberia, La Unión, Regio e demáis cafés e edificios emblemáticos da nosa cidade. Que se pode dicir? Yes it is, Ourense is different!

Hoxe 1 de setembro do 2011, 18 meses despois, inauguran unha nova tenda -franquicia- dunha firma internacional fundada na década dos 90 polo italiano Mario Moretti Polegato. Geox, nome que une Geo (de xea=terra) e un X como símbolo da tecnoloxía. A modo de lembranza obsequiaron cun xeado a todos os curiosos que por alí asomamos, símbolo do que nun tempo foi e por desgraza non puido ter sido.

3 COMENTARIOS:

Vero dijo...

Foi unha mágoa, recordo cando era pequena que me levaban cada ano polo meu aniversario a pedir o xeado máis grande que fose capaz de comer. Parece que cada día con máis intensidade o tradicional, o de toda a vida paradóxicamente está máis demodé, de tódolos xeitos eu mesma, e coido que a moita xente, seguimos a preferir o nostálxico, aquilo que xera e é capaz de manter recordos o longo do tempo, coma por exemplo o sorriso dunha cativa ante un sinxelo xeado.

Jose Luis Guede Losada dijo...

Están arrasando cos sitios emblemáticos, pero dende hai décadas esto é así e non vexo que teña freo. Unha mágoa!

Poderías facerlle unha adicatoria no teu blog, un prato, non ten por qué ser postre (un xeado de queixo fresco por exeplo) con xeado como ingrediente. E un título que leve "Ibense" (ollo!, no teño comisión, só a modo de homenaxe)

Vero dijo...

jajaja tomo nota, pareceme moi interesante¡ buscarei inspiración nestas vacacións. Todo un reto porque nunca fixen xeado de ningún tipo, soe precisar de xeadora e como non teño pois nunca probei; pero investigarei e intentarei sorprenderte con algo. O de matecado dicias que era o teu favorita??? jajajajaja Bueno hoxe marcho asi que ata a volta das vacacions¡

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER