martes, 1 de noviembre de 2011

DÍA DE TÓDOLOS SANTOS: SAMAÍN OU HALLOWEEN

Vexo que os actos relacionados co Halloween semellan que están calando na nosa sociedade, aos poucos, pero vanse metendo "piano, piano". Certo é que nos gusta a festa coma se non costase e eso tamén inflúe. O noso Concello celebra a festa do Samaín para recuperar a tradición auténtica e propia, a pesar de que o pulo que a lingua inglesa está a ter na sociedade galega no último quinquenio tamén axuda a que se escoite máis Halloween que Samaín.



Aproveitei ao chegar esta tarde a casa para revisar o meu Google Reader e leer algunhas entradas que tiña pendentes. Entre elas atopei a do 91º aniversario da revista Nós, en Ourense no Tempo. Ademáis, na entrada de hoxe, o amigo Rafa Salgado no seu blog de Ourense no Tempo, invítanos a contemplar a exposición de fotografía etnográfica da americana Ruth Matilda Anderson na sala de Caixanova sita na Praza Maior. Eu tamén volo recomendo, e algo faremos na clase ao respecto.

Ruth matilda Anderson lendo en Ourense. Fonte da imaxe: ver enlace

Aínda vos estaredes preguntando que ten que ver todo esto co título da entrada. Pois unha de encaixe de bolillos que a ver como sae.

Curioseando, vin que os fondos de Ruth Matilde foron tomados entre o 1924 e o 1926, ano do nacemento da miña avoa Q.E.P.D. No blog de Ourense no Tempo faise alusión á revista Nós e foi Vicente Risco quen dixo precisamente no nº 34 desa revista, que Galicia era o "país dos mortos", conclusión obtida por mor dunha crenza dos pobos antigos peninsulares que a nosa terra fose o "país ond´iban morar as almas dos difuntos" (dato tomado dun artigo do Faro de Vigo dixital). E ahí decidín facer esta entrada, polas coincidencias que vos relato, que aínda que vos parezan enrevesadas..., en realidade (non) o son.  Esas coincidencias foron as datas das fotos tomadas por Ruth, Vivente Risco e e Revista Nós, o culto aos mortos, a lembranza dos meus familiares que xa non están neste mundo e a chegada dunha tradición de tipo anglo-saxona coma o Halloween a unha terra que precisamente adica especial importancia aos defuntos. Vamos, unha macedonia de ideas soltas que acabaron por se converter nun batido, que e a entrada de hoxe.

Taller de decoración de calabazas na Praza da Imprenta. Foto: Iñaki Osorio no Faro de Vigo

O día 1 de novembro é o de Tódolos Santos dende o s.IX cando Gregorio IV decide cristianizar unha festa pagana e que o Papa Urbano IV  adxudicará este día para compensar a posible falla de festa de calquera santo do martiroloxio. Nada de Halloween ou Samaín. Non me vou a parar demasido, pero sí permitídeme que faga un brevísismo percorrido pola historia.



Os celtas celebraban multitudinariamente, baixo o risco de perder a cordura en caso de non asistir, o paso da estación do verán ao inverno. Almaceaban as colleitas para subsistir e tamén celebraban os misterios da vida e a morte. Crían que a porta que separaba o mundo dos vivos do mundo dos mortos abríase nesta noite e as almas regresaban para visitar os seus fogares (de ahí que agora os nenos vaian de casa en casa ofrecendo o truco ou trato - trick or treat -), e deixábaselle comida, castañas ou doces para que non se enfadasen. Tamén encendían lumes para afastar aos malos espíritos e recollíanse alimentos de cada casa para a ofrenda aos deuses. Vaciábase, ademáis, un nabo e púñase dentro unhas brasas para simbolizar o espírito que lles daba forzas e que posteriormente se colocaban nas casas para iluminar o camiño de regreso aso espíritos e darlle a benvida.



Coa romanización en grande parte de Europa, o Samahín desaparece como festa en sí mesma e deixa paso ás celebracións da deusa Pomona, aínda que se conservaron rituais primitivos celtas e o Papa Gregorio IV fundándose no Apocalipse instaura a celebración dos defuntos para que a través das oracións e as boas obras purifiquemos as almas dos defuntos que están no purgatorio.

Cando a mediados do s.XVIII os emigrantes irlandeses chegan ás costas de Norteamérica, levaban con eles as tradicións da súa terra. Cambiaron o nabo pola calabaza e aínda que inicialmente estas tradicións foron perseguidas polas autoridades luteranas, acabarían misturándose con outras crenzas e tradicións indias.

Non son da opinión de incluír festas que non son propias, polo mero feito da festa en sí mesma, pero nesta ocasión teño que recoñecer que a festa do Halloween chegada dos EUA axudounos a recuperar unha tradición tan vella case coma a humanidade, o culto aos mortos, e con ela as raíces celtas da nosa cultura que estiveron esquecidas por anos e anos.

Para rematar, propóñovos como actividade achegar e recompilar tradicións populares relacionadas co día de Tódolos Santos ou do día dos Fieles Difuntos. Preguntade aos avós mentras teñades oportunidade.  Neste artigo atoparedes algunha delas en distintos lugares de Galicia. Eu para rematar dicir que o día de comer as castañas asadas corresponde ao día 1 de novembro en moitos lugares de Galicia agás en Ourense que como sabedes trasladouse ao día 11 de novembro (dos magostos) día de San Martiño. ¿Casualidade ou intencionado?


0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER