lunes, 21 de noviembre de 2011

O CAMPO DA FORCA, SÍMBOLO DE AUTORIDADE

Aproveitado o tema do feudalismo en 2º, non quixera deixar pasar a oportunidade de facer referencia a outro lugar na nosa cidade onde tamén se impartía xustiza. Nunha entrada anterior falaba do pelouro. Tamén fixemos referencia ao campo dos desafíos, ese lugar onde os homes da nosa cidade axustaban contas e limpaban así a súa honra, impartindo xustiza pola súa conta.

Hoxe trasladarémonos a este recuncho da nosa cidade para falar dun deses elementos identificativos da xustiza señorial como era a forca. ¿Saberiades ubicar este espazo na actualidade?


Xa dende moi antigo o ser humán aplicou técnicas de castigo e de tortura. Algunhas delas xa as coñecedes, como a crucifixión que se fíxo famosa por Xesucristo ou o desoiamento empregado xa por asirios, aztecas ou chinos dende hai miles de anos e que nos chega, á nosa cultura occidental a través da tradición cristiá de San Bartolomé. 

Esquerda: Cristo crucificado de Velázquez e á dereita: San Bartolomé de Miguel Anxo na Capela Sixtina. Imaxes tomadas de Wikipedia

O poder dos señores feudais ten a súa orixe no século IX, cando a inseguridade reinante na Europa occidental deido á oleada invasora de Maxiares, Normandos e Musulmáns levou aos reis europeos a ter que delegar a defensa dos seus territorios nos nobres. Este dereito coñeceuse como dereito do señor ou dereito de ban e autorizaba a castigar ou xulgar. Veremos como os bispos en Galicia en xeral, e en Ourense en particular, acadarán un gran poder. A nosa cidade será señorío eclesiástico (vasalos directos dun señor nobre feudal eclesiástico).

O Bispo Dn. Diego Velasco consegue no ano 1122 de Tareixa de Portugal, irmanastra de Dona Urraca I, a xursidicción da cidade aproveitando unha disputa entre ambas. Unha das prácticas habituais dos señores era a de conceder "cartas de poboamento" e garantir o rango de cidadáns ás persoas que quixesen acudir á nosa cidade. Cara ao s.XII os grupos de artesáns que se foron asentando en Ourense así coma os comerciantes, acabarán rivalizando co bispo e enfrontándose polo poder. Verémolo noutra ocasión.

Foron varios os símbolos do poder señorial presentes na cidade de Ourense, a Catedral foi un deles, pero hoxe trasladarémonos á Alameda do Cruceiro para falar da forca.


Na Biblia cítase este método de execución e suicidio e que terá un especial protagonismo nas sociedades europeas occidentais.

Ester 6,4

"Entón dixo o rei: «¿Quen anda no patio?» Precisamente nese momento Amán atravesaba o patio exterior do pazo real para ir a pedir ao rei que mandara aforcar a Mardoqueo na forca que preparara para éste."

En España foi un dos métodos de execución máis comúns xunto co garrote. No ano 1832  é abolida a forca manténdose o garrote (no ano 1983 será abolida a pena de morte en España). Tamén recolle Cervantes no Quixote a presencia da forca. O gran realismo nos da a entender que non estaba a falar dunha ficción senon que era habitual na España do XVII e así o reflicte.

"Non tes de que ter medo, porque estos pes e pernas que tentas e non ves sen dúbida son dalgúns foraxidos e bandoleiros que nestas árboles están aforcados; que por eiquí os adoita aforcar a xutiza cando os colle, de vinte en vinte e de trinta en trinta; por onde me dou a entender que debo de estar preto de Barcelona."

En Ourense o chamado Campo da Forca, na actual Alameda do Cruceiro (ou proximidades)*,  foi o lugar elexido para realizar as execucións públicas debido á súa siuación extratéxica. Os camiñantes que chegaban á cidade a través da Ponte Vella terían unha visión terrible das execucións, que eran públicas, atemorizando a todo aquel visitante e dando leccións exemplarizantes para infundir ese temor.

Forca. Foto: Fernando Girón

Para rematar, comentar que na Idade Media, este espazo estaba fóra dos límites da cidade, nun lugar descampado e visible na que se ubicaría a forca, unha estructura permanente.

ANTES DE MARCHAR:


  • ¿QUE EDIFICIO RELACIONADO COA XUSTIZA ESTÁ EMPLAZADO NAS PROXIMIDADES DO CAMPO DA FORCA? ¿CRES QUE FOI UNHA UBICACIÓN ALEATORIA OU INTENCIONADA? RAZOA A RESPOSTA.
  • ¿QUE IMPORTANTE MULLER TEN ADICADO UN MONUMENTO NA PRAZA QUE LEVA O SEU NOME? ¿SABERÍAS INDICAR ÓNDE ESTIVO UBICADA ESTA OBRA ANTERIORMENTE?
  • FINALMENTE, ACHEGA UNHA BREVE INFORMACIÓN SOBRE ESTA MULLER. ¿CRES QUE O SEU TRASLADO FOI REALIZADO EN BASE A UNS CRITERIOS FUNDAMENTADOS? RAZOA A RESPOSTA.




(*) NOTA: algúns auntores sitúana preto da Ponte Vella e do Porto do Terrón na beira dereita cara ao Vao.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER