sábado, 10 de diciembre de 2011

DÍA DOS DEREITOS HUMÁNS

Os dereitos humáns son dereitos que posúen  as persoas polo mero feito de ser seres humáns. Non hai máis requisitos. Ao longo destas semanas profundamos no lonxe que quedaría a sociedade feudal desta afirmación, pero non temos que retroceder tanto no tempo. Por desgraza o termo dereitos segue a estar lonxe de moitas sociedades hoxe en día.

Foto: ilusión óptica en flickr


O percorrido para deixar recollido por escrito estes dereitos universais foi longo e non moi doado precisamente. Cara ao inicio do s. VI Xustiniano redacta o seu Codex Iustinianus no que se recompilaban as antigas constitucións romanas imperiais e tentou establecer un sistema coherente entre dereitos e deberes. Foron os primeiros pasos.

Analizamos en 4º de ESO a loita pola protección dos dereitos das persoas na Revolución Inglesa de 1688, chamada "a Gloriosa". Esta defensa de dereitos culminará coa Declaración de Dereitos (The Bill of Rights). Posteriormente a Declaración da Independencia dos EUA do 1776, a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán no 1789. Finalmente a Declaración Universal dos Dereitos Humans no 1948 . A partir dese momento os países europeos foron incorporando eses dereitos ás súas constitucións recoñecendo así a existencia de tales dereitos e o respecto aos mesmos é un sinónimo dun bo goberno. Aínda queda moito por percorrer.

Imaxe: riacale en flickr
Preséntovos dous xogos. O primeiro Darfur está morrendo é unha simulación onde podes adoptar a identidade dun refuxiado de Darfur que ten que fuxir das forzas que ameazan o campamento. Unha visión do que é a vida para 2.5 millóns de desprazados en Sudán. Preme sobre a imaxe para comezar o xogo.




O seguinte titúlase Contra Vento e Marea no que vivirás as experiencias dun refuxiado. Terás que sortear múltiples dificultades virtuais que por desgraza son moi reais para millóns de persoas no mundo. Serás sometido a interogatorios e tomar as decisións correctas aínda que en ocasións contra a túa propia vontade. Preme na imaxe para ir á páxina do xogo.





1 COMENTARIOS:

Alberto7cp dijo...

http://turismoourense.blogspot.com/

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER