lunes, 5 de diciembre de 2011

A LOTERÍA DA VIDA DO HABITANTE 3.607.977.520

Recentemente escribía unha entrada titulada xa somos 7.000 millóns. Nela vos facilitaba unha ligazón para coñecer o número de habitante que vos corresponde. Eu fixen a miña proba e tocoume ser o habitante 3.607.977.520.

Imaxe: crowd_links_luiscossette en flickr


A través doutra colega de profesión, @MestraPrimaria, atopei unha entrada nun dos seus blogs (ten outro de música) un enlace á nova campaña "Todos contamos" de Save the Children a cal me axudará a enriquecer a actividade anterior. Esta campaña permítenos saber cómo sería a nosa vida de ter nacido noutro lugar.

Unha das cuestións plantexadas na aula no tema do feudalismo, foi recoñecer a organización da sociedade estamental. ¿Que determinaba a pertenza a un ou a outro estamento? Como ben diciades, o nacemento determinaba a orde social á que se pertencía. Na actualidade a roda da fortuna do nacemento tamén determina o lugar onde che tocou vivir.

Esta é a miña historia 
(o video dura menos dun minuto)

video


Ola, chámome José Luis, Hossain no meu país. Son un neno nado en Daka, Bangladés.



Os meus pais eran traballadores dos arrozais nunha provincia interior que decidiron buscar sorte en Daka na crecente industria téxtil.


A pesar de que o planeta produce alimentos suficientes para todos os seus habitantes, teño un 27% de posibilidades de padecer desnutrición e con sorte disfrutarei dunha ou dúas comidas diarias.


Meus pais son analfabetos coma o 65% da poboación. Eu teño un 52% de probabilidades de pertencer a ese grupo e penso o tremendamente afortunados que sodes por poder estar escolarizados e non recollendo lixo para a reciclaxe nos vertedoiros da gran cidade, coma o están a facer xa os meus irmáns e fareino eu en canto cumpra dous anos. Algúns nenos teñen sorte e poden acudir ás escolas, eu por desgraza non.


O meu futuro non é moi prometedor ¿verdade? Podería emigrar a Dubai para traballar na construcción, sobreexplotado laboralmente e vivindo en condicións de hacinamento por una salario miserable pero dabondo como para axudar á miña familia.


Bangladés é un deses países que está a crecer, dos chamados países emerxentes aínda que pasiño a pasiño. Algúns dereitos coma o traballo infantil aínda deben ser mellorados. A pobreza segue a ser a razón principal deste problema. Os meus país e os meus cinco irmáns non poderían manterse por sí mesmos por iso eu axudarei á economía familiar moi pronto. O 13% dos nenos e nenas aínda traballan no meu país.



Casarei algún día, a verdade é que agora non penso moito neso. Gustaríame ser xogador de kabbadi ou de cricket. Tiven a gran sorte de nacer neno porque ¿sabedes que unha das formas modernas de ercravitude é o matrimonio infantil? Sí, unha das miñas irmáns, Nasima, casáronna o ano pasado cando cumpríu 12 anos. Foi cun veciño da aldea dos meus pais chamado Abdul, aída estaba solteiro con 14 anos e ambas familias apañaron as condicións da boda. A tasa do matrimonio infantil en Bangladés é do 64% onde moitas nenas son forzadas debido ás tradicións ou aos valores culturais que agardo muden canto antes, porque a miña irmá ten sempre cara de pena e aínda teño dúas irmás que agardo corran mellor sorte, Nazma e Aswini .


A miña esperanza de vida é de 68,3 anos, coma o meu avó Mohammad. Seguirá mellorando nun futuro próximo grazas á colaboración de todos e todas.


Queres crear a tú propia historia? Preme na seguinte imaxe e narra a túa "Lotería da vida".


1 COMENTARIOS:

Blogueira @MestraPrimaria dijo...

Bo artigo! Grazas pola mención! ;)
Un saudo!
Ana

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER