domingo, 4 de diciembre de 2011

A MAN OU A MÁQUINA: I

Seguimos a introducir ferramentas para a elaboración dos traballos voluntarios co alumnado. Falarei das que máis emprego para  compartir cos que ledes o blog o que estou a facer nalgunhas das miñas clases.


Gmail. ¿Quen non coñece Gmail? Esta ferramenta de correo empregámola básicamente para a comunicación directa e entrega de traballos. Tamén para dar de alta as licencias dixitais dos libros 3D (que non acaban de funcionar nen de convencer tal e coma están plantexados).

Recomendei crear unha conta Gmail evitando dar os datos persoais a Google. O motivo é que segundo a lexislación española de protección de datos (RD 1720/2007 de 21 de decembro que aproba o regulamento de desenvolvemento da LOPD 15/1999 de 13 de decembro) habería que aceptar unhas condicións de uso que para os menores de 14 anos (1º-2º ESO) polo que precisaría a autorización das familias. A fórmula que sigo é a de non aportar datos persoais e poñer como usuario un código fácilmente identificable tanto para min coma para o alumnado. Este tipo de contas impersoais evita a petición de autorizacións e un papeleo menos dos que xa temos habitualmente coma mestres. Esta  conta é de uso exclusivo para as clases de Sociais ou  de calquera uso escolar, outras materias, etc.


Google Docs é un servizo de almacenamento de documentos que poden ser compartidos. Empregámolos para formato Word, PowerPoint ou PDF´s.

Outros servizos cos que adoitamos traballar, por esta orde son:


  • SCRIBD (documentos e pdf´s)






  • ISSUU (pdf´s e tamén documentos). O seu manexo é moi sinxelo e intuitivo.

As primeiras actividades "a man ou a máquina", estiveron relacionadas coa búsqueda e selección de información sobre algún dos temas propostos. Por exemplo, na última saída á exposición Iberos, propuxemos:

- Entrevista imaxinaria a un/unha ibero/a: "Indikortes, o mercenario", "Á Dama de Elche"

- Poster sobre os Iberos con Glogster.

- Comic sobre os iberos: "Iberia, voando ás orixes."

- Presentación en Prezi: "Profesor por un día, os Iberos" (o asentamento, agricultura, comercio, arte ou organización social, a escoller un tema e posterior explicación e posta en común).

- Unha narración: "Abadutiker o comerciante", "A lenda da princesa Himilce"

- Pesentación resume en PhotoPeach (teñen as imaxes da exposición en Picassa e nunha entrada anterior)

Maravillosa historia e curiosa ortografía. Foto Flickr: woodleywonderworks

Esto é tan só unha proposta. Non debemos esquecer o traballo manual e "artesán" que segue a ter un "valor engadido" e que debemos potenciar. Finalmente, por riba de todo e independentemente do soporte...

... A CREATIVIDADE!!!
Déixalles tempo e verás.

Video tomado de José Miguel Bolívar (@jmbolivar) vía blog de Alberto Dotras (@aldotras) The Cool Ruler

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER