jueves, 2 de febrero de 2012

A BARANDILLA DA PONTE DA BURGA: ANTONIO LOSADA FECIT

Cousas da vida. Tiveron que pasar 42 anos para enterarme que tódolos días laborables atópome cunha obra do meu avó, case que a acaricio. Tivo que ser na xuntanza do Nadal cando a miña nai soltouse a falar daqueles tempos pasados. Entre outras cousas que contou ista foi especialemente ilusionante. 
O meu avó Antonio Losada.
O seu pai, meu avó Antonio Losada nado un 10-10-10, foi un mozo que tivo que comezar a traballar na adolescencia como tantos outros da súa xeración. Botou prácticamente toda a súa vida na Fundición Rogelio Fernández. Nesta fundición realizouse a barandilla da Ponte Murallón na Burga e foi o meu avó quen a fixo. Non teño os datos exactos, pero gustaríame atopar o ano da súa colocación.

No blog aparece sobre a barandilla unha frase atribuída a Séneca que dí: "homines, dum docent, discunt", que ven a traducirse por, "os homes que ensinan, aprenden" pero que cen anos antes Cicerón acuñou cando dixo; "se queres aprender, ensina." O destino da vida.



O máis importante para min xa está dito, pero ¿quen foi Don Rogelio Fernández?

Rogelio Fernández. Imaxe tomada de La Región

Nado en Bande a finais do s.XIX e fillo de familia labrega pero acomodada, decide emigrar a Cuba con 14 anos pero non por necesidade. Unha vez alá, obtén o título de Perito Industrial e consigue unha beca para a Universidade de Columbia. Regresa a Cuba e ocupa postos relevantes en distintas industrias navais e azucareiras. Casado con Preciosa Quintas. De regreso a Ourense no antigo campo da feira (Parque de San Lázaro) instalaría no ano 1926 o seu primeiro negocio de construccións metálicas. Dela sairá a barandilla da ponte da Burga, a estructura metálica do Banco de España ou entre outras as barandillas ou o encofrado do edificio Conde Fidalgo incluidos os balcóns, deseño do propio arquitecto e fundidos na empresa de Don Rogelio. Este edificio foi inaugurado no 1934 e que tamén leva a man do meu avó Antonio.

A demanda fixo que ampliase o seu negocio á zona do Barco de Valdeorras nas que construirá as torretas metálicas para abastecer ás hidroeléctricas e no 1953 instálase en León. Alá tamén foi o meu avó, seica segundo palabras do fillo de Don Rogelio e padriño da miña nai, o mellor empregado e o máis cualificado que tiñan. Foi membro do Consello Superior de Investigacións Científicas do Instituto da Soldadura.

O texto  é unha adaptación dun  artigo publicado na Region o 16 de maio do 1998




3 COMENTARIOS:

Vero dijo...

Vaia... que historia mais bonita...seguro que foi todo un descubrimento¡ E esa frase, casualidades da vida. Fermoso, fermoso :)

Jose Luis Guede dijo...

Totalmente! A vida non deixa de sorprender ;) Grazas.

Alberto dijo...

Dende logo é historia da nosa cidade, e formar parte dela a través do noso avó é moi gratificante :)

Un dez para alguén que fixo algo importante pola nosa cidade, e falo das dúas partes, da fundición sita en Ourense en plena revolución industrial e o traballo do noso avó.

É un exemplo para a pobre actualidade empresarial da nosa cidade.

Teu irmao Alberto ;)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER