martes, 5 de junio de 2012

40 ANIVERSARIO DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Alá polo 1972, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 5 de xuño como o Día Mundial do Medio Ambiente (DMMA). Ver vídeo.

Este día é un dos principais vehículos de difusión e sensibilización en temas medio ambientais que as Nacións Unidas ten para promover políticas de concienciación global. Iste ano 2012 conmemóranse o 40º aniversario e o lema é "Economía verde ¿Inclúete?".


Fonte da imaxe: enlace

No 1974 nace o primeiro lema, "Só unha Terra". No 1989 fíxose en Bélxica un especial fincapé no quecemento global e no 2007 en Noruega abordouse o tema do desxeo. No 2004 tivo como sé mundial a Barcelona baixo o lema "Búscanse mares e Océanos ¿Vivos ou Mortos?" Antes de centrar o tema no lema de este ano, gustaríame presentarvos unha ferramenta realmente curiosa e que amosa o cambio que sufrirían as costas ante o desxeo en relación aos lemas que sinalei anteriormente. Centreime na costa galega e concretamente nas Rías Baixas, naqueles lugares onde adoitamos pasar as nosas vacacións de verán.

Flood.firetree.net é un simulador de inundacións con Google Maps co que se pode observar o efecto da subida dos niveis de mar sobre as costas que vai dende 1 metro ata os 60 metros. A miña simulación amosa resultados espectaculares e  foi a seguinte:

Baiona - 7 metros
Baiona - 60 metros


Ría de Vigo - 60 metros

Sanxenxo e as Ons - 60 metros
Illas Cíes e Ría de Vigo - 60 metros


Como indiquei ao inicio do post, este ano o lema fai referencia á economía verde que se define como a ciencia da xestión da sustentabilidade entendida como a capacidade da humanidade para vivir dentro dos límites ambientais. Brasil é a sé desde 2012 e xa se están a desenvolver políticas de concienciación como a campaña de separar o lixo, separeolixo.com que pretender concienciar á sociedade brasileña nun cambio de hábitos destacando no só os beneficios medio ambientais senon tamén sociais e económicos. Unha das imaxes típicas dos países latinoamericanos que me chamou a atención nas miñas visitas, foi á dos recollelatas. Iste é un anuncio da TV brasileña en relación a esta campaña e aos recollelatas.




A nosa contribución, amáis da concienciación medioambiental e de recilcaxe que se ven facendo dende hai anos unida aos proxectos desenvolvidos no Colexio, como a Plan de Xestión de Residuos e as actividades desenvlovidas no último ano encuadradas dentro do Plan Estratéxico de Centro en materia medioambiental, quixera destacar a recente participación do alumnado de 3º ESO que abordou un proxecto de recuperación das marxes do río Barbaña, por segundo ano consecutivo e coordinado polo profesor de Bioloxía Juan Carlos. Esta actividade está encuadrada dentro do Proxecto Voz Natura que ten como finalidade entre outras, protexer e recuperar os ecosistemas de Galicia.

Algunhas suxestións para celebrar o día recóllense neste pdf, alfabeto do DMMA 77 formas de celebrar.


0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER