domingo, 5 de enero de 2014

APRENDIZAXE COOPERATIVA

Crédito da imaxe: enlace


Deixei de borrar cando me din de conta que equivocarse forma parte da aprendizaxe.

Seguramente o borrador e a pizarra pasarán a formar parte dun non moi lonxano museo da escola, como aqueles pupitres de madeira co burato para o tinteiro que lembro ben da miña infancia. Hoxe conviven coas PDI nun momento de transición lenta, pero transición ao fin e ao cabo.

Crédito da imaxe: enlace

Di Sir Ken Robinson que máis que unha transición necesítase unha revolución en educación. Razón non lle falta pero ésta non puede vir porque si, senon que debe asentarse nuns principios. Por unha banda a selección, formación e recoñecemento da profesión docente, por outra as políticas e evidentemente as metodoloxías. O profesor xa non é a única figura que ten o monopolio do coñecemento. A escola é cada vez máis unha comunidade onde docentes e alumnos avanzan na mesma dirección, e non onde o profesorado semella ser eo inimigo a vencer no examen final. “Debemos entender unha clase como unha comunidade de coñecemento onde todo o mundo te acompaña, onde non te importe equivocarte porque todo o mundo te vai a apoiar." - María Acaso.

Sigo a voltas coa aprendizaxe cooperativa. Sobre a marcha vou reflexionando sobre aspectos a mellorar a medida que vai avanzando o curso. Algúns deles:

  1. A tarefa conxunta non se verá así se se entende como a suma do traballo das individualidades. O traballo cooperativo existe grazas á aportación de cada un dos membros, por tanto é importante deseñar (previamente) as tarefas para que encaixen e se complementen.
  2. Evitar tamén que o alumnado vexa a tarefa desde a individualidade ou agardar a que sexa o grupo o que lle saque do problema. 

 Pola contra, podería deixar aspectos positivos da experiencia con este tipo de aprendizaje:

A nosa aula
  1. A actitude positiva cara a aprendizaxe aumenta a motivación e con ela a autoestima
  2. Apréndese a repartir as responsabilidades, porque a vida está chea delas.
  3. Poténcianse os espazos para pensar, onde se pode opinar, debatir, discutir, escoitar, acordar, é dicir, poténciase o respecto cara os demáis. Esto axuda a reducir a conflictividade e aumenta o compromiso cara aos demáis.
  4. Para ir rematando, vexo como positivo que se potencian os distintos talentos dos nenos e das nenas.

É un proceso lento, leva tempo incluso para eles adaptarse a este modelo, pero sen dúbida merece a pena.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER