domingo, 12 de enero de 2014

COMPETICIÓN vs. COOPERACIÓN




O modelo actual de educación tradicional está orientado cara á competición. A nova lei , LOMCE, reforza esta idea de competición e selección. Incomprensiblemente no s.XXI non somos quen de acadar un consenso no que se entende como o maior ben da sociedade, a educación.

Se analizamos a etimoloxía da palabra competir observaremos que ven do latín "competere". Ten unha raíz "con", que aporta a idea de "encontro" ou "xuntos" e o verbo "petere", que significa "dirixirse a" ou "buscar". Polo tanto competición etimoloxicamente está máis preto do que entendemos por cooperar. Neso andamos, tentando achegar estratexias pedagóxicas motivadoras que partan da realidade do alumnado e que integre o traballo cooperativo coa idea de dirixirnos cara á historia local e encontrar xuntos os nosos valores patrimoniais. Á volta das vacacións continuamos o proxecto "Abrindo Portas" que ten como protagonista ao alumnado e á cidade de Ourense. Competir é motivante, pero cooperar motívanos, ademáis, emocionalmente.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER