lunes, 10 de febrero de 2014

A ESCOLA DOS BOS PENSADORES


"Debemos ser creativos, ser capaces de atopar cos recursos que temos as solucións que necesitamos."

Dicía nun curso de adestradores de baloncesto que a menor dispoñibilidade de medios, que é o máis frecuente cando falamos de formación (e educación), maior é a capacidade de resposta creativa do adestrador (do educador).



Co alumnado tamén teriamos que demandar esta resposta que o sistema escolar estimula(ba) ben pouco. O noso actual (e o que ven) sistema educativo potencia o chamado pensamento creativo converxente, o que dá respostas lóxicas a situacións concretas. As respostas ilóxicas que se saen do establecido adoitan, en ocasións cortarse e de ahí seguramente esa famosa frase de Sir Ken Robinson de que as escolas matan a creatividade. Como poder estimular o pensamento que Edward de Bono chama pensamento lateral, co que se refíre á técnica que permite a solución de problemas de xeito creativo e lonxe das respostas esperadas nun pensamento lóxico.

Crédito da imaxe: enlace

O mestre tende a encasillar e a acotar estas respostas porque o modelo así o esixe. Dentro das destrezas de pensamento é importante contemplar todas as opcións que nos aporten nosos alumnos e alumnas. Propiciar espazos para o debate e o diálogo. Comentaba recentemente cos rapaces, a raiz da lectura dun artigo de prensa, que o profesor non dí a verdade senon que dá a súa versión dos feitos, por tanto crear bos pensadores non é unha tarea doada. Primeiro debemos ter claro nós mesmos que significa ser un bo pensador. 

Segundo Montserrat del Pozo, os bos pensadores teñen, aparte de habilidades de pensamento crítico, motivacións, actitudes e hábitos mentais para empregalos cando os necesite.



A escola ten que crear bos pensadores e, polo tanto, hai que establecer as rutinas necesarias para crear este ambiente nas aulas. Algunhas delas: 

  1. Presentar os temas de forma cercana e novedosa.
  2. Ofrecer desafíos. Cando se cae na rutina ou en actividades onde os rapaces coñecen o posible final entón o que provoca é aburrimento.
  3. Liberdade. Dar a oportunidade de elexir as experiencias que lles permitan tomar decisións.
  4. Confianza. Establecendo entornos onde se potencie a comunicación e o respecto.
  5. Xerar conflito, para que tamén haxa desacordo pero dende a actitude positiva. Acordar que estamos en desacordo xa é de por sí unha forma de acordo.
  6. Sentido do humor. Nas aulas reimos  ben pouco, ás veces incluso nada. Esto non é serio, é grave.
  7. Tempo. Pode que esto debera ir ao principio. É do que máis nos queixamos os docentes, da falta de tempo. Falta de tempo para adquirir unos contidos que logo se "vomitan" e se esquecen casi de inmediato. É o que María Acaso chama a educación bulímica (chapar e vomitar). Sego nelo, roubando tempo ao tempo, e reflexionado.
Reflexionemos sobre o que é importante que o noso alumnado comprenda. As posibilidades son infinitas. Déixovos o video da pastilla de xabón.






Texto adaptado dunha entrevista a María Acaso en La Vanguardia dixital

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER