martes, 11 de febrero de 2014

ABRINDO PORTAS 2014: INICIANDO

Mapa de Ourense medieval co nome das rúas naquela época e uns personaxes que nos sorprenderon gratamente.

Esta semana rematamos a primeira fase de Abrindo Portas 2014, un proxecto que ten como obxectivo principal potenciar o coñecemento de cidade de Ourense, nesta ocasión profundando sobre a cidade medieval. Os traballos presentados neste primeiro bloque de investigación foron tanto dixitais como manuais. Cabe destacar que os feitos a man teñen moita calidade e cumplen á perfección cos requisitos que se lle pedía.

O proceso comezou coa elaboración de grupos cooperativos, en total xuntamos 10 grupos en cada aula ao que lle din o nome das portas da cidade medieval a cada un deles. Trala explicación do problema e entrega dunha guía de traballo comezamos a procura de información empregando os equipos do Proxecto Abalar. Un dos aspectos positivos deste tipo de estratexias pedagóxicas é que o alumnado ten claro o que debe facer en cada sesión o que nos axudou a axilizar o proceso, pola contra o emprego dos equipos se non teñen continuidade nas sesións posteriores ralentiza ao ter que adicar un tempo a entregar e recoller os ordenadores.



Outro aspecto a ter en conta é que neste nivel educativo, 2º de ESO, a pesar de ter experiencia con esta metodoloxía no curso pasado cústalle optimizar o tempo. Non era necesario levar tarefas para casa, pero resultou ser unha tónica habitual. A autonomía é un dos aspectos que se pretende acadar pero precisa dun tempo que necesariamente ten que ter continuidade.

Un alumno amosando o blog que creou o seu grupo, no que se aprecia unha imaxe con Thinglink situando as portas medievais.

Agora seguimos unha segunda fase do proxecto na que se incorporan as catro áreas de linguas. Esperemos que os resultados sexan do nivel que esperamos.


0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER