domingo, 29 de mayo de 2016

OBRADOIRO DIDÁCTICO: O SEGREDO DOS FRANCISCANOS.

Imaxe: fonte

O pasado venres 27 de maio, un grupo de alumnas e alumnos de 2º de ESO tivo a oportunidade de participar dun obradoiro didáctico como continuidade ao proxecto sobre o Ourense medieval realizadoao longo deste curso escolar.






O Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) organiza "Os segredos dos franciscanos", unha actividade didáctica deseñada a partir da exposición temporal "O legado de Asís" que recomendanos visitar antes de que a retiren.

Fonte da imaxe: AHPOu

O obxectivo desta actividade foi o de potenciar e reforzar o coñecemento do patrimonio ourensán, e dun xeito activo e participativo profundar no legado dunha das ordes mendicantes asentadas na cidade a mediados do s.XIII como son os franciscanos.




Neste percorrido, o alumnado descubriu numerosos aspectos do legado dos franciscanos e clarisas na provincia (Allariz, Monterrei, Ourense, Ribadavia e Trandeiras). Pretendemos que a través do coñecemento sintan o patrimonio e o poñan en valor, elas e eles son os mellores embaixadores para a difusión presente e futura do enorme potencial que atesoura a nosa cidade en particular e a provincia en xeral.

Fonte da imaxe: AHPOu

Este obradoiro consiste nunha representación teatralizada, coidada e rigorosa en canto aos contidos históricos, que a través de dous personaxes de ficción – Xoana a Lavandeira e frei Xan o Farrapeiro, arquiveiro e procurador franciscano – consiguen captar dende o primeiro minuto a atención do alumado.




Ao longo dunha hora e media achegámonos ás instalacións do propio AHPOu, praza do Trigo, praza do Correxidor, rúa da Estrela e claustro do Convento de San Francisco.











A valoración é moi positiva tanto pola atención recibida, o rigor dos datos manexados emoi especialmente porque conseguíu espertar esa emoción necesaria no alumnado para que a aprendizaxe se poida producir. Unha actividade diferente, lonxe das tradicionais e tediosas, atractiva, con toques de humor ben inseridos na trama da historia, cercana aos propios intereses do alumnado e consguindo introducir nas súas cabezas unha información que debido ao formato do obradoiro ten grandes probabilidades de converterse en conñecemento.



Agradecemos ao director do AHPOu, en representación do persoal do arquivo, a invitación realizada e o trato recibido. Grazas.

Pero o reto continúa, non hai máis que ollar con atención a imaxe aérea e fixarse nese baleiro con forma de cruz latina. Haberá que tirar dirección "Campo da Feira" e procurar solucionar o enigma que nos plantexaron neste intereante obradoiro.


0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER