4º DE ESO_ARTE DO XIX

Para facilitarvos o estudo do tema déixovos os obxectivos e contidos a desenvolver ao longo da unidade, así coma os criterios de avaliación.
OBXECTIVOS DO TEMA 7
  1. Coñecer, analizar e explicar os principais movementos artísticos do século XIX.
  2. Analizar as características artísticas das obras estudadas en cada movemento: Barroco, Neoclásico, Romanticismo, Realismo, Arquitectura e Escultura, época industrial, Impresionismo e Modernismo.
  3. Recoñecer as principais obras de arte e identificar os autores pertencentes a cada movemento.
  4. Analizar e comprender o contido e o estilo utilizado nas obras de arte dos autores estudados.
  5. Comprender a evolución e desenvolvemento dos diferentes movementos artísticos pertencentes ó século XIX.
CONTIDOS
1. Os antecedentes artísticos: o século XVIII. A permanencia do Barroco.
2. A evolución artística do Rococó ó Neoclásico.
3. A obra de Francisco de Goya.
4. Movemento romántico. O romanticismo pictórico e os seus pintores.
5. Realismo. O estilo pictórico realista.
6. A evolución da escultura do século XIX.
7. A evolución da arquitectura do século XIX. Arte e técnica do século XIX.
8. Impresionismo. Principais obras e artistas impresionistas.
9. Modernismo. O arquitecto Antonio Gaudí.
10. Definición das principais características dos estilos artísticos do século XIX.
11. Análise e interpretación de obras artísticas do século XIX.
12. Preocupación polo rigor e a claridade na argumentación persoais.
13. Valoración da diversidade artística e a riqueza dos estilos do século XIX.
14. Identificación dos artistas máis representativos de cada estilo artístico e c
omprender a evolución e desenvolvemento dos diferentes movementos artísticos pertencentes ao século XIX.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
  1. Ver se recoñecen a evolución das formas estéticas e artísticas que tivo lugar ao longo do século XVIII.
  2. Comprobar se saben comparar os estilos arquitectónicos do século XIX e analizar as causas da renovación da arquitectura .
  3. Comprobar que coñecen as distintas etapas da obra de Francisco de Goya e al-gunhas das súas obras máis relevantes.
  4. Constatar que coñecen os principais artistas do século XIX e os saben relacionar co movemento artístico ao que pertencen.
  5. Observar se saben identificar algunhas das obras dos pintores máis relevantes do século XIX traballadas ao longo do tema.
  6. Valorar se saben explicar as características da arte modernista e recoñecer as particularidades da obra de Antonio Gaudí.
  7. Valorar se coñecen e diferencian as características esenciais dos distintos move-mentos artísticos do século XIX.
ENLACES DE INTERESE PARA AMPLIAR CONTIDOS
ESCOLA DE CHICAGO

http://www.taller-arquitectura.com/blog/2009/01/16/escuela-de-chicago/

EN INGLÉS PERO INTERESANTE SOBRE A ESCOLA DE CHICAGO TAMÉN

http://www.ci.chi.il.us/Landmarks/Architects/Jenney.html

SOBRE GAUDÍ, PARA AMPLIAR EN PROFUNDIDADE, CONTÉN MOITA INFORMACIÓN

http://www.gaudiallgaudi.com/EA002.htm

A ARQUITECTURA DO XIX, ESTE ENLACE A UN BLOG FAI REFERENCIAS A TEMAS TRATADOS NA AULA CON VÍNCULOS INTERESANTES.

http://arquitecturaenconstruccion.blogspot.com/2008/06/arquitectura-del-siglo-xix.html

Comentarios

AITOR dixo…
PROFE SE VES A MENSAXE ANTES DE MAÑA.....ENSERIO VAS A REPETIR O EXAME?
POR CERTO GRACIAS POR POÑER AS DIAPOSITIVAS NA TUA PÁXINA AGRADECENSE UN MONTON =)