ACTIVIDADES 1º ESO: CLIMAS

A partir do seguinte exemplo, responde ás cuestións:

  1. Explica a que medio natural pertence o climograma da imaxe xustificando a túa resposta.
  2. Cómo se denomina á paisaxe típca de este medio.

Podes deixar as respostas nos comentarios. Nuns días porei a resposta correcta nesta mesma entrada, aínda que esta actividade é sinxela ¿non?.

Comentarios

Non houbo respostas a actividade, espero que non fose o medo a equivocarse, que eso nunca debe de ser un impedimento, estamos para aprender e cando se aprende necesariamente nos equivocamos, polo tanto ánimo e a lanzarse.

Solución:

O medio natural ao que pertence o climograma é o OCEÁNICO ou ATLÁNTICO.

As temperaturas son suaves debido á acción do mar, pero un pouco máis baixas nos meses fríos (xaneiro, febreiro, novembro e decembro)ca no medio mediterráneo (en torno a uns 2 graos máis nestes meses fríos) e sen a oscilación térmica tan contrastada (superior aos 15 graos) do medio continental ou de interior.

As precipitacións ao longo de todo o ano son abundantes, sendo o outono a estación máis chuviosa; non existe estación seca coincidindo co verán como sucede por exemplo no clima mediterráneo. Por estos motivos podemos afirmar que é un dos climas temperados: oceánico.

A paisaxe é o bosque caducifolio (árbores que perden a folla no outono como o carballo, as faias, etc.) e naqueles lugares onde o bosque vai desaparecendo medra a landa (unha matogueira mesta composta por breixos, xestas e fieitos) e o prado natural.