CLIMA ECUATORIAL

A paisaxe ecuatorial atópase nas zonas situadas ao redor do Ecuador.

Selva ecuatorial
  • As temperaturas son sempre moi altas, en torno a 25-28 graos centígrados.
  • As precipitacións moi abundantes, máis de 2000 mm/ano.
  • Os ríos son os máis caudalosos e regulares da Terra.
  • A vexetación moi abundante, recibe o nome de selva (ou xungla en Asia).
  • Hai multitude de especies vexetais: árbores, arbustos, frores, troncos e lianas.
  • Os animais adoitan ser pequenos, deste xeito poden moverse con facilidade pola selva.
  • As selvas africana e americana están pouco poboadas, os seus habitantes viven da recolección, da caza ou dunha agricultura moi elemental (de subsistencia).
  • As selvas asiáticas están máis poboadas. Esta selva retrocedeu (está a desaparecer) pola presencia de plantacións de arroz, cana de azucre, té, etc.



Plantación de café



climograma desértico


Videos sobre a selva.









Comentarios