O INTERVENCIONISMO ESTATAL

Rematamos esta parte coas medidas adoptadas ante a gravidade da crise, sen moitas explicacións, temos tres alternativas: o keynesianismo, o New Deal e a autarquía dos estados fascistas.
  1. KEYNESIANISMO, proposta por John M. Keynes que criticou as medidas impostas a Alemaña (él era inglés) e tamén o "laissez-faire" do liberalismo económico, por iso defende o intervencionismo estatal, e tamén propón lanzar ao mercado diñeiro abundante e renunciar ao patrón ouro se fose preciso agás de aumentar o investimento público en grandes obras públicas co fin de ofertar postos de traballo e como consecuencia aumentar o poder adquisitivo dos obreiros.
  2. John M. Keynes

  3. NEW DEAL, ou Novo Reparto, foron as medidas económias desenvolvidas polo presidente demócrata Franklin Delano Roosevelt actuando de forma contundente sobre o que consideraba as causas da depresión: o paro e a falta de demanda interna no consumo. Tenta elevar os prezos dos produtos agrícolas facendo diminuir a producción de stocks (prima aos capesiños con subvencións para reducir as súas colleitas. Permite acordos empresariais para o control de prezos e respecto ao paro pon en marcha numerosas obras públicas permitindo a creación de postos de traballo.

  4. Franklin Delano Roosevelt en 1933

  5. AUTARQUÍA DOS ESTADOS FASCISTAS (Italia, Alemaña) desenvolverán unha política económica baseada nun forte dirixismo estatal coa intención de reducir o paro e relanzar a economía. A pesar de non eliminar a propiedade privada e a iniciativa privada (a esto se acollen os burgueses e clases medias) todas as empresas estarán supervisadas polo Estado, contrólanse os prezos, salarios, intercambios monetarios e comerciais co obxectivo de eliminar a competencia no mercado nacional. Para acadar o pleno emprego favorécese a obra pública e o incremento dos efectivos militares e a indsutria de armas.

Benito Mussolini e Adolf Hitler

Comentarios