E HOXE O DIA DO LIBRO...E OS DEREITOS DE AUTOR

Hoxe é un día máis de esos que se consideran "comerciais", para invertir os nosos cuartos, en tempos de crise, en cultura a prezo de ouro. Non é verdade que a xuventude "pase" da cultura. Penso que abaratando os custos dos libros, cd´s, películas, cine, etc. achegariámonos máis á mocidade e os nosos xoves terían un bagaxe cultural máis amplo. En fin, ao que ía.

A historia de por qué diste día ten unha explicación coma case todo nesta vida, e non se remonta moi atrás.

Un grupo de escritores fixo unha proposta alá polo ano 1995 (xa estabades no mundo) á UNESCO, co fin de potenciar a cultura (en principio foi o que dixeron) ainda que por detrás se agochaban os intereses de asegurar os dereitos da propiedade intelectual e os dereitos de autor, sobre o que non vou a debatir a lo menos hoxe.

En realidade a idea foi copiada de España. O rei Afonso XIII xa asinou un Decreto no 1926 para celebrar o día do libro e dende 1930 modificouse a data para o 23 de abril (data na que morre San Jorge de Capadocia) o día de San Jordi patrón de Aragón e Cataluña (morreu o 23 de abril do 303), por eso arraigou tanto nestas rexións.

San Jorge ese santo que saltou á fama a través dunha historia recollida na Lenda dourada, e que conta que o santo a cabalo vence a un dragón, ista lenda foi a orixe de todos os contos de hadas e princesas occidentais. Na Europa cristiá interpretouse ao santo coma o "crente", ao cabalo branco á "Igrexa" e o dragón o "paganismo, Satanás ou o pecado". No mundo oriental hai unha historia "paralela" moi semellante, concretamente en Xapón é o mito de Susanowo-no-Mikoto que vence á serpe de oito cabezas Yamata-no-Orochi. (Esto seguro que lle gustará a Marta-2B, creo, senon o elimino...)



San Jorge do pintor renacentista Rafael (1504)


A idea gustou e a decisión de fixar a data no 23 de abril, entre a que vos acabo de contar, foi a casual coincidencia que ese mismo día do ano 1616 falecen tres dos máis grandes escritores da historia da literatura, William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes. Con matices, Cervantes morre o 22 de abril (o enterran o 23), Shakespeare morre o 23 de abril pero do calendario que seguen en Inglaterra, que é o xuliano, sería o noso 3 de maio segundo o calendario gregoriano, pero afirmar que tres "estrelas" da literatura dese calibe faleceran o mesmo día do mesmo ano daba un halo misterioso que de seguro axudaría a potenciar este evento...
...as historias da Historia, c´est la vie....

Comentarios

parece que no funcionan los comentarios, si alguien ha dejado alguno y no se ha publicado es que en realidad algo va mal y tendré que revisarlo, o bien lo comentáis en clase o enviáis un correo a tsuntzu@gmail.com
Lucía Gil dixo…
Guede mañana los de 2º A vamos a ver un vídeo o al final no??

saudooss :P
ya has visto que sí, y además con un "extra" que espero os dé que pensar de aquí al final, que ya está cerca, y os anime a realizar un esfuerzo, bien merece la pena ¿verdad?.

y a fran de murcia??? que ha enviado un correo, pues decirte que parece ser que sí funcionan los comentarios y gracias por la visita.
Anónimo dixo…
xa como se non lle gusta a marta eliminalo pero se non nos gusta os demais que claro como marta ea preferida como se o blog fora dedicado para marta non pos demais aos demais tamen nos gusta que no nos dediquen algo
Marta (2-B) dixo…
Xa lín o mito de San Jorge e tamén o da serpe de oito cabezas,teñen moitos elementos comúns,soamente que estos están adaptados á cultura xaponesa.
Chámame a atención que a lenda se conte versionada en tantos sitios.
Grazas por comentarmo hoxe,a verdade é que é unha cousa moi curiosa.
anónimo, non te poñas así, se non sei os gustos de cada quen non se poden facer referencias, ti pide que igual cae algo sempre e cando non sexas anónimo/a, eso si sei algo dos teus gustos, pero pensa que ten que ter relación cos temas que traballamos ou algo que sexa de interés xeral que para eso é o blog, e matizar que preferidos non hai, eso creo que queda claro, ou tí aínda non o tes??
Anónimo dixo…
son pablete
os mitos son chulos tamen se rumorea que por a mezquita habia unha moura que se davas 7 voltas a veiga a moura apareceriache e so a podiaas matas crabandolle un alfiler nunh das suas 7 cabeza
pero esto e moi chulo
Anónimo dixo…
profe sigosendo eu pon a hora en hora
Vaia Pablo, como non te identificaches, non sabía. É verdade o conto da Mezquita, de feito o nome xa é bastante significativo. Lembras cando dabamos o tema do Islam e da chegada dos mouros a Galicia pregunteivos se coñeciades algún conto ou lenda de mouros??, paréceme que esa que contas é a da Casiña da Moura, gracias pola aportación, lendas de mouros Galicia habelas hainas....
A hora do blog??
Tiñas razón, estaba sen actualizar. Gracias Pablo.