OS SIMPSONS E O RENACEMENTO I

Para rematar o tema do Humanismo, Reforma e Renacemento nada mellor que facelo con algunhas curiosidades como a que nos ofrece a serie de Os Simpsons. En algúns dos seus episodios, o seu creador Matt Groening introduce referencias ao mundo da arte, neste caso centrarémonos sobre o que rematamos neste trimestre, o Renacemento.

Vou a deixar unha serie de detalles extraidos dalgúns capítulos dos Simpsons e veremos se sodes que de relacioalos coas obras orixinais e os seus respectivos autores, xa digo, todos renacentistas.

O primeiro é un dos iconos do Renacemento e obra copiadísima ao longo da historia, a versión de Groening son estas tres:





¿Cal é o título da obra orixinal? ¿E o autor?

Comentarios

Martin Paz dixo…
Canon de Leonardo da Vinci
Non era demasiado difícil, verdade?

En realidade a obra chámase O home de Vitrubio.

Podes ler algo máis sobre esta obra en:

http://es.wikipedia.org/wiki/Canon_de_las_proporciones_humanas

http://centros5.pntic.mec.es/ies.victoria.kent/Rincon-C/Cie-Hist/Leonardo/h-v.htm

http://arte.observatorio.info/2008/02/el-hombre-de-vitrubio-leonardo-da-vinci-h-1492/

Saúdos
Martin Paz dixo…
E que eu tiña oido falar desa obra con ese nome e enton puxeno


Saudos