2º ESO: FUNDAMENTOS DO ABSOLUTISMO

Os teóricos da monarquía absoluta apoiábanse basicamente na idea que era unha "monarquía de Dereito Divino”. Esto quere dicir que o poder do rei viña directamente de Deus e que debía exercelo sobre todo o pobo sen que ninguén puidera opoñerselle. O poder político non o entrega Deus ao seu máximo representante na Terra, o Papa, senon ao rei.

Durante os séculos XV, XVI e XVII apareceron teóricos que xustificaban o poder do rei, tamén denominado "príncipe", palabra que engloba a todos os gobernantes ainda que non foran reis, coma os das repúblicas italianas.

Entre estos teóricos destaca o italiano Maquiavelo (1469-1527) que no seu libro "O Principe" escribíu sobre como debería exercer o príncipe o poder para conseguir ser un bon gobernante.



Maquiavelo


O principal pensador sobre a monarquía absoluta no s.XVI vai a ser:

Jean Bodin (1530-1596) quen definíu por primeira vez na historia á soberanía coma o "poder absoluto e perpetuo da República", o cal non recaía sobre unha persoa ou familia senon sobre o Estado. A soberanía é o poder absoluto, está por riba das leis.

No s.XVII, o maior filósofo que escribíu sobre o poder absoluto do gobernante foi Thomas Hobbes (1588-1679) Este pensador defendeu o poder dos reis pero o desvinculou das súas oríxes divinas. A defensa da monarquía absoluta queda recollida na súa coñecida obra Leviathan.

Respecto á Igrexa (poder espiritual) e as súas relacións co poder temporal, Hobbes defendía a total submisión da Igrexa ao gobernante.

Tamén do s.XVII, ainda que máis tardío, destaca:

Jacques Benigne Bossuet (1627-1704) Este crego e pensador francés é tal vez o que máis preto está da idea de monarquía absoluta imperante en Francia no s.XVII, representado por Luis XIV "O rei sol". A súa principal obra "Política segundo as Sagradas Escrituras" recolle a idea de que o poder é transmitido directamente por Deus ao Rei, polo que éste é só responsable ante a divindade e non ante os seus súbditos. Nembargante a súa idea de absolutismo é diferente á de Hobbes xa que pensa que o soberano debe amosar o espírito cristián de xustiza e rectitude. Será o temor de Deus o único freo á actuación dos soberanos.

Comentarios

Anónimo dixo…
Guede sube las diapositivas del Barroco

Por favor..
Anónimo dixo…
PON LAS DIAPOSITIVAS DEL BARROCO

POR FAVOR