COÑECEMOS A NOSA CIDADE

Un dos obxectivos que nos marcamos no departamento de Ciencias Sociais é achegar o coñecemento do entorno máis inmediato. Xa fixemos a xornada de introducción e outra máis para falar dos conceptos básicos que nos axudarán á elaboración dos traballos grupais sobre a cidade de Ourense.

Unha vez distribuídos os grupos de traballo e a realización de tarefas, déixovos un primeiro listado de fontes de información:

BIBLIOGRAFÍA SOBRE A CIDADE DE OURENSE

VV.AA. Catálogo Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI. Xunta de Galicia. Abril 2010

VALCÁRCEL LÓPEZ, M., Historia de Ourense. Ed. Xerais. Novembro 2008

VV.AA., El románico en Ourense. Ed. Lancia. Xaneiro 2008

BARANDELA RIVERO, I., Petroglifos de Ourense. Deputación Provincial de Ourense. Febreiro 2005

SOMOZA MEDINA, J., Ourense. La ciudad en el tiempo y el espacio. Universidad de León. Decembro 2002

GALLEGO DOMÍNGUEZ, O., A cidade de Ourense “unha visión através dos séculos”. Museo Arqueolóxico Provincial. Xaneiro 2001

FRAGA SAMPEDRO, DO., O convento de San Francisco de Ourense. Fundación Caixa Galicia. Xaneiro 1999

FARIÑA BUSTO, F., Pazos, torres e curral do Bispo de Ourense. Museo Arqueolóxico Provincial. Xaneiro 1994

LÓPEZ CARREIRA, A., Ourense no século XV. Ed. Xerais. Xaneiro 1991

VV.AA., La catedral de Ourense. Xuntanza editorial.

CHAMOSO LAMAS, M., La catedral de Ourense. Ed. Everest.


Recomendo a consulta de dúas páxinas que son de moito interese para a elaboración dos vosos traballos. Serven de guía pero non para copialas, non estamos a realizar un traballo de "corta-pega". Premendo sobre as imaxes accederedes directamente a elas. :

Moi interesante na sección "Memoria de Ourense", contén uns mapas dende os orixes ata actualidade, con especial ateción, sobre todo, a partir do s. XIII moi relacioados cos contidos estudados neste curso.


Sérvenos para achegarnos ao Ourense Contemporáneo de finais do XIX e século XX. Poderemos atopar información nalgunha entrada sobre a historia de edificios representativos da cidade. así coma de rúas e persoaxes.

Comentarios