TINTIN: TRABALLANDO AS COMPETENCIAS

Bótalle unha ollada á seguinte imaxe:


Tenta localizala no comic e comenta os cambios que detectes.

Non son os únicos que se fixeron e non os imos enumerar todos. Pode ser interesante a seguinte actividade que vos plantexo e que nos introduce, ademáis, nunha das causas do imperialismo do XIX.

ACTIVIDADE:
Imaxina que eres o editor/a ou tradutor/a do comic e tes que incluír unha primeira páxina aclaratoria explicando o contexto histórico do por qué destas actitudes. Tede en conta que a primeira vez que se publicou foi no 1930 e a primeira edición en cor no 1946. Se hoxe se tivese que reeditar habería que entender o contexto histórico no que foi escrito, o cal non quere dicir que se xustifique. Axudarávos tamén saber que o Congo foi unha antiga colonia belga e a máis importante entre 1908 e 1960.

Recopila os elementos que consideres que son estereotipos raciais, prexuizos, actitudes paternalistas da época (¿que foi o espírito paternalista?) e redacta unha nota aclaratoria á unha suposta edición 2011.

Comentarios

Anónimo dixo…
Profe podes subir s diapositivas que vimos na clase?
Se te refires ás dos compañeiros que expuxeron na clase, en canto mas pasen colgareinas, porque eso foi o que acordamos.

Pola contra, se falas da que eu vos puxen como apoio, non te preocupes que volverémola ver se é necesario. Co libro de texto, os apuntes, o trabalado nas postas en común e dando un pequeno repaso é dabondo para superar con éxito este tema.