A LOITA CONTRA A CRISE

O sistema de crédito sobre o que se desenvolvera o auxe da Bolsa nos felices anos 20 fixo que caira en picado afectando á banca e  por conseguinte ao crédito mesmo. Moitos debedores non foron quen de devolver esos préstamos e moitos aforradores acudiron a retirar os cuartos das entidades debilitándoas a unhas e afundindo definitivamente outras ao non poder facer fronte á demanda dos clientes.

Foto: Economía e empresa. Flickr

A actividade industrial caeu en picado levando ao paro a más dun 25% da poboación activa nos EUA, afectando ao somercio mundial. Os principais afectados, a clase media. Moitos tiveron que vivir coma mendigos, arruinados e sen traballo.



As primeiras medidas dos gobernos foi a de deixar facer, laissez faire, un dos principios do non intervencionismo estatal e por conseguinte do liberalismo económico. Entre as medidas que adoptaron algúns estados estaba o aumento das alfándegas para protexer ao producto nacional, o proteccionismo. Destruíronse stocks para que os prezos subisen e depreciouse a moeda.


Na novela de John Steinbeck, As uvas da ira do 1939 dí:

"Queiman o café nas caldeiras. Queiman o millo para se quentaren; o millo da un lume moi vivo. Guindan coas patacas no río e apostan gardas nas beiras para impedir que os desgraciados as saquen da auga. Desangran os porcos e entérranos e a podremia infíltrase no solo. Hai en todo isto un crime tan monstruoso que vai máis alá do entendemento. (...) A consternación lese nas olladas e a cólera comeza a brillar nos ollos dos famentos. Na alma da xente as uvas da ira inchan e maduran, anunciando as vendimas futuras."


Outro recurso foi o da deflación, limitar o crédito, reducir os gastos do estado, baixas os prezos e as rendas.

Un video interesante para entender conceptos coma inflacción ou deflación.



Tras case unha década de optimismo e prosperidade os EUA caeron nunha grande depresión económica arrastrando ao resto do mundo. As principais medidas para loitar contra a crise que analizaremos foron: o New Deal, o Keynesianismo e a Autarquía das ditaduras.






A proposta de traballo é elaborar unha presentación en ppt., comparando a crise do 29 coa actual.


Comentarios