ASCLEPIOS E OURENSE

Ante diem tertium Nonas Septembris MMXI A.D., é dicir, 3 de setembro do 2011 Ano do Señor segundo o Calendario Gregoriano. De terse mantido o Calendario Xuliano, hoxe sería 21 de agosto pero dende que o 24 de febreiro do ano 1582 o Papa Gregorio XIII dictara a bula Inter Gravissimas pola cal substituía o vello calendario xuliano gran parte do mundo ríxese na actualidade por este modelo.

Cal é a relación do día de hoxe co título do post? e cal é a proposta que vos fago en relación á Civitas Auriensis?

Na antiga Grecia celebrábase unhas festas coñecidas como "Asclepeia" en honra a Asclepios (Esculapio para os romanos) deus da menciña e a curación, gran sabedor das prantas mediciñais e cuxo símbolo era una serpe enroscada nunha vara, o que se coñece como a Bastón de Asclepio ou comunmente como Vara de Esculapio.

O deus Asclepio (Esculapio) co seu símbolo, unha serpe enroscada nun bastón.

Na Roma antiga este festividade continuou a celebrarse e denominábase Epidaura que se celebraba nas "ante diem tertium nonas septembris", é dicir, un 3 de setembro coma hoxe.

Teatro de Epidauro, Grecia. Con capacidade para 14.000 espectadores acollía as Asclepeia.

En ocasións a Vara de Esculapio é confundida co Caduceo de Mercurio e en menor medida coa Copa de Hixía. Tanto o primeiro coma o último simbolizan a profesión médica ou establecementos vinculados á menciña. O segundo, o Caduceo, simboliza a profesión do comercio ou o mercado que por un erro histórico chegouse a asociar coa profesión médica.

1. VARA DE ESCULAPIO - 2. CADUCEO DE MERCURIO - 3. COPA DE HIXÍA

Achegade ao correo do blog fotos que amosen os detalles dos símbolos en edificios da nosa cidade incluíndo o nome do edificio. Boa sorte!

Comentarios