IBEROS EN CIVITAS AURIENSIS

No primeiro milenio a.C. a península estaba dominada polos celtas e os íberos. Fenicios e gregos tamén se asentaran nas costas mediterráneas. Por motivos de querencia cultural achegámonos dun xeito máis profundo ao mundo celta e certamente pasamos por alto detalles dos íberos.

Para encher esos baleiros acudimos á exposición itinerante que ata o 13 de decembro estará na Alameda: Íberos, a nosa civilización antes de Roma. Nela descubrimos que non existe unha orixe certa sobre este conxunto de pobos pero que xa dende o s. VIII a.C. mantivo relacións cos fenicios e gregos e coñecían a escritura e que se desenvolverá con maior esplendor entre os ss. VI e I a.C. A exposición divídese en varias seccións: o contexto histórico, urbanismo e arquitectura, organización militar e formas de goberno, organización social e vida cotiá, relixiosidade e mundo funerario, comercio e escritura.

Temos pendentes algunhas propostas de traballo polo que non entrarei en máis detalles. Déixovos algunhas imaxes que vos poden servir para elaboralos.


Comentarios