DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL

A Unión Europea declarou o ano 2012 como o do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional co fin de concienciar do papel das persoas maiores na sociedade e contribuir a que manteñan un rol activo nas nosas sociedades.

Dende o 2009, cada 29 de abril é o día da Solidariedade Interxeracional. Preténdese achegar ás xeracións xoves e ás non tan novas para reflexionar sobre o significado de facerse maior e como podemos axudarnos mútuamente para unha mellora calidade de vida. 

Fonte: enlace


Este é un dos obxectivos que nos marcamos na área de Ciencias Sociais e que nace dun obxectivoestratéxico do Colexio, que é o de achegar ás familias ao Centro. Coidamos que as persoas maiores teñen moito que aportarnos e non será ista a primeira actividade que fagamos. Os avós axudáronnos a montar a nosa particular Botica (ver entrada) e déronnos unha lección de aproveitamento do entorno natural para curar doenzas ou mellorar a calidade de vida.



Ao comezar o bloque correspondente á Prehistoria, inserimos unha unidade que considerei importante para facer de transición entre a Xeografía o o estudo da Prehistoria e Historia Antiga. ¿Para que estudar Historia? Entre as diferentes actividades que traballamos, una delas facía referencia ás persoas maiores e iniciará, sen dúbida, o camiño cara a participación no proxecto europeo generations@school.


Comentarios

Ola:
polo teu traballo e inspiración tes un premio no meu blogue
http://mestraprimariablog.blogspot.com.es/2012/05/un-chupi-premio-liebster-blog.html
Pásate e recólleo
Biquiños
Ana
Jose Luis Guede dixo…
Moitísimas grazas!!!! Que fantástica sorpresa. É o primeiro premio oficial que me entregan e polo tanto pasará a ser inesquecíble. Recollereino con moito gusto.