ESCOLAS INTELIXENTES: RUTINAS DE PENSAMENTO


Escolas intelixentes son as que introducen todo posible progreso no eido do ensino-aprendizaxe para que os estudantes non só coñezan, senon que pensen a partires do que coñecen.



Ensinamos hoxe co que aprendemos onte aos cidadáns do mañá. Por tanto, deberiamos afrontar dende o cambio metodolóxico esa incertidume que permita ao noso alumnado ter as competencias necesarias para desempeñar con éxito traballos que hoxe non existen. A nosa misión como docentes, ao contrario do que nos vivimos como alumnos, non consiste en dar as respostas correctas, senon que temos que ser capaces de saber formular esas preguntas que estimulen a creatividade do alumnado para que sexan eles os que xeneren respostas diferentes ás xa dadas. É fundamental ensinar a pensar e a reflexionar sobre o propio pensamento.

As respostas fan ao alumnado pasivo, lonxe da escola, nembargantes os interrogantes vólvenos participativos e constructores do seu propio pensamento, facendo das escolas lugares apetecibles.

Unha das rutinas empregadas en aula é "comparar-contrastar", velaí coa que comezamos a arquitectura do XIX.


Comentarios