VISITA AO AHPOu EXPOSICIÓN PAI FEIJOO: RUTINAS DE PENSAMENTO

Un dos motivos da visita ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense realizada neste mes de xaneiro foi, por unha parte, achegarnos á figura do Pai Feijoo e completar "in situ" os contidos dos ilustrados galegos e por outra, reflexionar sobre o significado da estatua do Pai Feijoo nos xardíns que, actualmente, levan o seu nome e daquelas fora un terreo propiedade do Bispado, correspondente á parte traseira do Seminario de San Fernando.



Cita Pablo Sánchez Ferro, director do AHPOu, que "estamos nun contexto de creación de identidades colectivas burguesas da sociedade liberal decimonónica, entre as que emerxe o sentimento galeguista, a reivindicación dunha historia e dunha realidade cultural propia e diferenciada en relación co resto dos pobos." 



No ano 1842 o provincialista Antolín Faraldo comezou a reivindicar a figura do Pai Feijoo aos que lle seguirían Murguía ou Lamas Carvajal. Ante a escasez de recuros económicos decídese convocar un certame literario e unha comisión, como impulsores da iniciativa. Aínda que a idea de erixir unha estatua a este ourensán ilustre xorde a mediados do XIX non se materializará ata o 8 de setembro de 1887, data da súa inauguración. A obra é do escultor catalán Soler, e dicir como curiosidade que custou 30.000 pesetas da época.




Unha rutina de pensamento que pode axudar para o inicio da unidade ou deste tema en concreto é KWL (Que sei-Que quero saber-Que aprendín). 


Comentarios