SOBRE O OURENSE MEDIEVAL


Un dos obxectivos estratéxicos do Centro é o de fomentar a participación activa das familias, vinculándoas na vida colexial a través da súa colaboración na xornada escolar.

Fonte da imaxe: enlace


Avelino Rodríguez González, xestor cultural do Museo Arqueolóxico de Ourense e pai dun alumno do noso Centro, quen recentemente vén de publicar no anexo 34 do Boletín Auriense unha investigación sobre a Casa do Concello de Ourense, accedeu a colaborar connosco.


O seminario de Ciencias Sociais, pola súa banda, contempla fortalecer o coñecemento do ámbito local para todas as etapas educativas. Isto é un dos obxectivos prioritarios do noso proxecto "Abrindo Portas 2016": coñecer o Ourense medieval.



Nesta ocasión, o alumnado de 2º de ESO participou nunha charla para profundar nesas claves do Ourense como cidade medieval que nos achegou Avelino. Lanzou moitos interrogantes para a reflexión. É o Ourense medieval unha cidade pequena e agraria? Sen dúbida, os alumnos e alumnas non esquecerán as claves que nos axudaron a comprender mellor a cidade que habitamos. Agradecemos a Avelino o tempo adicado e as súas ensinanzas.



Comentarios